O caso é que buscamos estas fechas para cambiar algo que, realmente pódese facer calque día (pois un 4 de marzo levanteime e decidín que para estar en forma saliría correr polas mañás tres veces á semana, por exemplo).
Realmente finde ano é un cambio máis de fecha, é tomar as 12 uvas correspondentes, é brindar con todos aqueles do teu arredor…
Inconscientemente (ou non) estás recibindo un novo ano no que non sabes que pode suceder, Xa que, se analizas todo o ano pasado, moi poucas cousas foron esperadas.
Todos esperamos algo do novo ano! As veces, sen decatarnos de que certos casos dependen moito de nós, e outros nada.
Poucos din “pois a seguir como estábamos”, e moitos din “con tal de que non sexa peor”… Ante un evento así sempre hai que buscar o lado positivo, xa que por iso facemos tanta festividade.
E xa que estamos a pedir, e todos piden: eu non pediría nada
para min, nin sequera a lotería, nin a frase feita de “a paz mundial”; eu
pediría “cambios”, un cambio que envolva a todo e a todos.
Un cambio de actitude para aqueles que non o ven claro ou
inseguros, para aqueles que só pensan en sí mesmos e para aqueles que só saben
facer o mal.
Un cambio de situación, non só é “nestes tempos” senón “dende
sempre” que existen familias que o están pasando mal.
Un cambio, en breves palabras, na e da humanidade.
Como non depende de min, nin sequera dunha masa de persoas,
senón de todo o mundo, só quedara na miña mente e sempre, na miña esperanza.
FELIZ ANO! ;)