luns, 29 de abril de 2013

O escudo

 
 


Un escudo é a arma defensiva máis antiga empregada para protexerse fronte un ataque.

Pero, quizais, teña un significado máis metafórico:

Cando nos sentimos amenazados, candos sentimos medo, ante situación inesperadas….utilizamos unha coraza, escudámonos.

Para tapar a nosa personalidade, as emocións, o que pensamos…

Moitas veces , somos o escudo doutra persoa e en outras ocasión escudamos a persoa equivocada e non merecida.

E outras veces escudámonos tanto que acabamos presos da nosa coraza, sos detrás do noso propio escudo.

Ao fin, do que se trata é de protexerse a un mesmo pero, ás veces, é necesario retiralo, deixarte ver, enfrentarse aos medos sen ninguna coraza, sen ningún escudo, desarmarnos, tirarnos ao mar,,,sen salvavidas!

1 comentario:

  1. Non está nada mal expresado..pero falando de tirarse ao mar, comproba primeiro se está moi fría...

    ResponderEliminar