Todos buscamos a liberdade, queremos ser libres.
Moitos adolescentes pensan: “cando deixe a casa dos meus país
e vaia a vivir a outro lado, aí vou a ser libre.” Pero penso que se equivocan.
Ser libre non é simplemente facer o que queiras, cando
queiras, donde queiras e como queiras, ser libre implica responsabilidade. Non
vas a dicir “ah, que fea é esta papeleira, vamos a rompela.” Iso sería facer
uso dunha liberdade non correspondida, que non che pertence.
![]() |
A aguia é o símbolo co que se representa a liberdade. |
A liberdade tamén dá
medo, dá pánico, non saber o que querer facer, nin como facer…
A liberdade é aquilo que sentes cando saes a fóra despois de
moito tempo encerrado.
A liberdade é ter aquela capacidade de elixir o que queres e
facerte cargo da túa elección.
É máis fácil facerlle caso a alguén que facerse caso a un
mesmos pero aí está o ser libre, poder tomar as túas propias decisión sen
influenciarte por nada nin por nadie.
Porque aínda que moitas
veces non o pensemos ou non nos deamos conta, somos libres dende o
primeiro momento, somos libres porque estamos continuamente tomando decisións,
libres porque paseamos e viaxamos por diferentes lugares, libres de ser como
queiramos tanto interiormente como físicamente, porque podemos ser libres nun
mundo mellor (o teu).
Sempre dicimos: “eu son libre de facer o que queira”, aí
está a clave, sempre serás libre se “o que queiras facer” o sepas facer ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario