sábado, 21 de decembro de 2013

A adición

Que é unha adición? Unha adición é eso que necesitas si ou si. Ou é esa acción necesaria de realizar para frear as túas ansias, a túa cabeza. O que é adicto está atrapado a “eso” que non o deixa ser libre.
A maioría das adicións, por non dicir todas, son malas.

O tabaco, ten máis de catro mil substancias tóxicas e máis de seiscentos aditivos con só un obxectivo: Volverte adicto!Cantos máis haxa, máis ricos se volven. O peor é que a xente é consciente disto, e a pesar de sabelo, seguen consumindo.
 
 
Nos anos 60, case ninguén sabía que fumar facía mal, era algo que se vía, algo así como levar o pelo de punta; había xente que o levaba e outra non. Agora, na actualidade, ninguén o ignora e é aquí cando me pregunto: Que poderoso poder (vaia a redundancia), leva a facer algo a sabendas de que che fai mal?
Non che dan ganas de dicir: hei, desperta! Que fumar non é guai, non ten nada positivo: produce cáncer e outras enfermidades, é caro, deixache os dentes podres, a cara desfeita, desprendes un olor horrible e o peor, molestas aos demais. Pero, a pesar diso, cada vez comézase dende máis novos, nesta xeración que crece cada vez máis rápido.

Pero non só hai adictos ao tabaco nin ao alcohol, hai adictos ao traballo, á comida, ás persoas, á soidade…
Hai algo que relaciona a tódolos adictos: creen que cando realizan ou toman a súa droga, xa está, remata a necesidade pero, en realidade, é o comezo, que irá crecendo ata volverse insoportable e amarrarche polo resto da túa vida se non eres o suficientemente forte como para vencelo.

1 comentario:

  1. Moita razón levas, todo pode ser adictivo...ata a saúde!

    ResponderEliminar