martes, 31 de decembro de 2013

A chegada dun novo ano

Cando un ano máis remata, a xente adoita propoñerse a facer moitas cousas: que si deixar de fumar, adelgazar, ir ao ximnasio (o típico) ou viaxar, estudiar un idioma, buscar traballo… é dicir, márcanse obxectivos que ao final serán cumplidos ou non, depende da persoa.

O caso é que buscamos estas fechas para cambiar algo que, realmente pódese facer calque día (pois un 4 de marzo levanteime e decidín que para estar en forma saliría correr polas mañás tres veces á semana, por exemplo).

Realmente finde ano é un cambio máis de fecha, é tomar as 12 uvas correspondentes, é brindar con todos aqueles do teu arredor…

Inconscientemente (ou non) estás recibindo un novo ano no que non sabes que pode suceder, Xa que, se analizas todo o ano pasado, moi poucas cousas foron esperadas.

Todos esperamos algo do novo ano! As veces, sen decatarnos de que certos casos dependen moito de nós, e outros nada.

Poucos din “pois a seguir como estábamos”, e moitos din “con tal de que non sexa peor”… Ante un evento así sempre hai que buscar o lado positivo, xa que por iso facemos tanta festividade.

E xa que estamos a pedir, e todos piden: eu non pediría nada para min, nin sequera a lotería, nin a frase feita de “a paz mundial”; eu pediría “cambios”, un cambio que envolva a todo e a todos.
Un cambio de actitude para aqueles que non o ven claro ou inseguros, para aqueles que só pensan en sí mesmos e para aqueles que só saben facer o mal.
Un cambio de situación, non só é “nestes tempos” senón “dende sempre” que existen familias que o están pasando mal.
Un cambio, en breves palabras, na e da humanidade.
Como non depende de min, nin sequera dunha masa de persoas, senón de todo o mundo, só quedara na miña mente e sempre, na miña esperanza.
FELIZ ANO! ;)

3 comentarios:

  1. Os pequenos cambios sempres son posibles. Os grandes como dis ti quedarán dentro de nós, na nosa esperanza, sendo sempre o espírito que nos leve a promover e vivir outros cambios de menor calado.
    Un novo ano, pero non unha nova vida. Si un ano máis para que a vida sexa un pouco máis moldeada ao noso parecer, ou ao que debe de ser. Esperemos.
    Que teñas moito tempo, para poder escribir para os que che lemos periodicamente

    ResponderEliminar
  2. estupendo razoamento, estou de acordo contigo!
    na miña opinión, a humanidade, aínda temos moito moito que millorar, pero o ver agora nestes tempos que corren tan, tan cerca a miseria, estanos a facer abrir o corazón e
    cambiar interiormente.

    ResponderEliminar