domingo, 5 de xaneiro de 2014

Carta por Nadal

Queridos Reis Magos de Oriente, este ano tratei de portarme o mellor posible para qye vexades que son un bo rapaz. Houbo algún día que, por non querer facer  a cama ou lavar os dentes, recibín algún reñido. E, posto a contar iso, tamén teño que confesar que Xoán (un dos meus mellores amigos) e eu botámoslle pasta de dentes entre dúas galletas sacándolle a crema que debería ter e démoslla a Carlitos (o fillo do médico do pobo). É que el, sempre está a sacarnos a nosa merenda e digamos que se fai iso o noso non é tan malo,,,,ou si??

Ademais, teño dous sobresalientes nas notas,,agás dous notables! Meu pai díxome que, se seguía así, podería chegar a arqueólogo, o meu gran soño que tiven sempre, dende cativo (bueno, digamos que non son tan grande pero, o mes pasado cumprín 9 anos, asi que). E falando diso: meu avó regaloume unha rocha con restos dun animal, el díxome que era un fósil e que era unha das pezas que tiña que comezar a analizar. A min faime moita ilusión!

Ao que ía, este ano non quero pedir nada para min, quero que sexa algo de todos,  e  que vala para que todo sexa mellor.

Quero un remedio para toda a xente que o está pasando mal, que por certos motivos esta navidade non está sendo a mellor. Quero que meu pai consiga un traballo onde lle paguen ben, quero que mamá sonría sempre e que nunca xamais lle caia unha bágoa.

Ah, e unhas zapatillas quentes para a Avoa Clara, a pobre non fai máis que queixarse de que ten sempre os pes fríos.

Espero que, polo menos unha parte, sexa posible. Non quero ver máis guerras na televisión, nin oir falar máis diso da crise”…

Moitas gracias por anticipado, porque sei que algo tentaredes facer.

 P.D: Síntoo por non botar máis leite nos vasos, e que é o último cartón e mamá di que pasades por tantas casas que non fai falta e que xa enchedes ben o estómago!

 
Saúdos, Henrique!

3 comentarios:

  1. Non puiden facer uso das comas nin das interrogación con este tipo de letra!
    Pero pódense deducir, ademais marca os ocos valeiros!

    ResponderEliminar
  2. Hei, Henriquiño, non che hai como ter 9 aniños... e seguir escribíndolle a quen sexa!!

    ResponderEliminar
  3. que bonita carta, jo?, encima tamén escribes ben! noraboa juapísima, eres o que ven sendo unha crackkkkkkkkk
    ,

    ResponderEliminar