luns, 10 de xuño de 2013

Unha de contos (2)


Sempre recordarei ese día, non só polo que sucedeu, senón polo que supuxo. Xa case era hora de cear, os raios de sol cada vez eran máis débiles e as montañas estaban a punto de tapalo completamente.
Eu estaba entrenándome para unha “loita de paus” (tratábase dun enfrontamento cun pau longo entre dous guerreiros para poder ser, nun futuro, grandes combatentes), cando recibín un golpe e caín ó chan. Na miña cabeza, no meu interior, despois dese día sempre estaría presente unha voz, aquela voz grave e forte dicíndome, sempre, que xamais me rendira, que perder non significa que o xogo remate senón unha nova oportunidade para volver a empezar. Que caer implica levantarse e que rendirse implica cobardía.
Nese intre, sen saber que facer nin como actuar, puiden sentir unha man fría pero, ao mesmo tempo, cálida sobre o meu ombreiro.  Si, era el.
Como non, aínda recordo  esa conversa, eu era un neno alto e delgado e el, el era un home dos pes á cabeza, un guerreiro ao cal admirabamos e todos desexabamos ser como el, pero a vida non llo puso fácil e tivo que loitar e sufrir a pesar de que todo aquilo o levase por dentro. Loitou contra grandes cabaleiros os cales, naqueles tempos, parecían invencibles, apoderouse das máis fermosas terras pola súa implicación no traballo, conseguiu que todas as doncelas suspiraran ao velo pasar. Con tan só dez anos, xa percorrera máis da metade do noso territorio en busca de aventuras e, o máis importante, sempre foi cá verdade por diante facéndose  cargo dos seus actos o que demostraba que detrás dese aspeto frío e serio, se escondía unha grandísima persoa.
Cando eu cría que non había nada polo que loitar, que todas as esperanzas estaban perdidas, el abriume os ollos e axudoume a convertirme no home que hoxe en día son, Edmum Baller, cabaleiro da mesa redonda. Antes, un simple plebeio, agora un guerreiro,  e grazas as súas  palabras:
- Neno, a todo o mundo lle gustaría que llo entregaran en bandexa,  pero a vida, grazas   a Deus, non é así. Sería todo moi aburrido, non cres? Non habería nada polo que loitar. Haberá momentos bos e malos, incluso algúns nos que te preguntes por que estás aquí,  pero cando estás aí e non sepas que facer, nin por que pelexar, recorda:  tras as nubes o ceo sempre é azul.
Esa frase, quedoume grabada coma lei de vida, e a partir dese día conseguín ser feliz, porque a felicidade está nas pequenas cousas, nos pequenos detalles. A felicidade pode estar en mil sitios esperando a ser atopada. Nese día comprendín, que non todo é tan malo como parece que depende da túa actitude e pensar sempre en positivo, a base está na  mente.
E recordar sempre, que a persoa máis importante da túa vida, eres ti!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario