Amosando publicacións coa etiqueta xente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xente. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de marzo de 2016

O Mundo onde todo é Competencia

Creo que o título deixa máis que claro de que vai o post de hoxe....

Dende unhas perspectiva máis metafórica, pódese dicir que incluso antes de nacer, os espermatozoides xa están loitando entre eles para fecundar o óvulo que logo dará lugar a cada un de nós.
Pero, deixando temas da natureza un pouco ao lado, vaiamos coas culturais. Sii, a nosa cultura da competencia. Porque está por todos lados, non damos un paso sen competir co outro, é como a nosa sinal de supervivencia, o instinto do animal salvaxe. Competir por aquilo que todos queren, chegando (en ocasións) a finais non desexables.

O certo é que sen competir, parece ser que non se vai a ningún lado. Aparecen en todos os medios, ese ego de ser o mellor,  a meritocracia na que todos os nenos hoxe en día son educados. Competencia para levar un país a diante. Da pena que para chegar ao poder, todos eses políticos se estean tirando dos pelos, e sacando os “trapos sucios” de cada casa, viven en constante competencia para sacar o maior número de votos (ou non) e gobernar (ou iso din).
Incluso, na competencia do deporte que debería ser a máis sa, non existe tal estado. A gran empresa do fútbol (da que algún día falarei), con millóns de seguidores que loitan entre eles como se non houbera máis vida que este deporte, chegando ás mans, a insultos e demais. En vez de desfrutar do seu equipo prefiren pegarse entre eles. Pero non só estes, que ao fin e ao cabo son unha minoría, senón a prensa que envolve aos deportes, as discusións que provoca con argumentos sen coherencia. E incluso os propios xogadores, que se “pican” entre eles como se foran nenos no patio do colexio.

Pero como ía dicindo, a ningún lado se entra sen competir. Mesmo para poder estudiar, vémonos obrigados a competir cos nosos compañeiros para lograr unha nota superior á deles. E non serve con isto, senón que logo, na hora de atopar traballo tamén te volves a ver na mesma situación. Competencia e máis competencia...


https://innovacionycalidadgrafica.files.wordpress.com/2015/03/competencia.jpg?w=1200

Vivimos en competencia, e como se pode cambiar isto?
Na miña opinión, é un estado complicado do que saír, xa que inconscientemente o estamos facendo, temos ese instinto, temos gañas de competir e sentirse superiores. E onde deixamos o estado de igualdade? Non existe, existen superiores e inferiores, en menor medida que antes, pero segue existindo esa diferencia.  É unha pena, porque defendo a competencia no deporte, sempre que ao acabar o partido todos acerquen a súa man ao xogador/a contrario. Xa que non debe ir máis aló, suponse que todos estamos facendo algo que nos gusta, un día sairá peor e outro mellor. Xa se verá como remata todo isto, pero deducín de min (da miña personalidade) que odio competir, odio ter que compararme, cada un é como é, e debe facerse valer polo que é, sen mirar, nin desprestixiar a ningún outro.

sábado, 13 de febreiro de 2016

Á expectativa


Expectativa, refírese á “esperanza de realizar ou conseguir algo”. Todos temos os nosos obxectivos, queremos loitar para conseguir algo, esquivando as trabas que nos
poidamos atopar no camiño.

Pero, a veces, a xente confúndese, confúndense na causa. A miúdo, se escoita a frase “Quero logralo porque é o que esperan de min”. Dende o meu punto de vista é unha visión errónea. Está claro que é importante que esperen algo bo de ti, que haxa xente que confíe e apoie, pero de aí a que sexa o teu por que... Un debe facer as cousas primeiramente, para a propia satisfacción, lograr a facer algo por un mesmo, porque así o pensei e así o farei.

Porque todo o que facemos debemos realizalo dende os nosos desexos, e non do que desexen de nos. Parece tolería, e moitos pensarán que é unha esaxeración. Por sorte, a min non me pasa, pero moitos fillos están baixo a presión dos seus pais, polo empeño en que realicen algo que non é do seu gusto, tal vez dese algo que eles mesmos non conseguiron ou puideron ser. E non ten nada que ver isto que estou dicindo co “só pensar nun mesmo”. Só plasmo a idea u opinión de que a nosa principal motivación debe ser a de conseguir ese algo que UN quere. Está claro, que se vai acompañado de máis persoas, mellor.

Non hai maior satisfacción que facer algo que gusta, asistir a clases diso que che gusta...non só os resultados serán mellores, senón que a túa felicidade será plena. Ir acercándote ao destino marcado e poder dicir que o lograches.

Pero a calquera ámbito se pode aplicar isto, en calquera cousa que está pensando...dende se queres escribir un libro, ata vivir cantando polas calles,,, todo é apto, non deben existir mellores e peores, deben existir xente que loita polo que quere.

sábado, 4 de xullo de 2015

Cool Kids

Aínda que creo que non é un fenómeno de agora, parece ser que toca con máis forza nesta xeración, iso de clasificar a xente. Como se tales individuos pertenceran a especies diferentes! Pero a que se debe? Non debería ser cada un como a el lle gusta?

 Elixo esta canción un pouco para que sexa máis fácil poñerse en tema. O estribillo di que ela (a chica espera ser a “elixida”) di que desexaría ser coma os chicos populares, porque todos eles parecen encaixar. Unha mentalidade actual que atrapa a todo aquel débil de personalidade, aquel que non sabe como chegar a alguén e que o acaba convertendo nunha simple marioneta do “grupo cool”.
Esta actitude vese moito nas series americanas
Acaso, andar borrachos por unha festa cun vaso de “cuba-litro”  na man, e un pitillo na outra che fai ser popular? Ir nun coche a toda velocidade arriscando a vida dos demais é ser guai? Pois vaia merda! Eu diría máis ben, “tonto do cú” para poñernos finos.
Tamén o estamos vendo na forma de vestir, na primeira aparencia e sen esquecernos do aspecto físico. Ir a unha festa de chándal, non cabería na cabeza de moitos, pero tampouco é obrigatorio ir en vestido. Isto no caso do sexo feminino, no masculino creo que é outra historia.
O certo é que vivimos nun mundo cheo de estereotipos, estilos que parecen estar marcados de ante man e unha enorme falta de criterio propio. Para min é bonito ser un mesmo. Non sei que lle ven a iso de ser iguais!  Como di na canción: “eles van en coches rápidos pero non saben a onde van, polo carril rápido e vivindo a vida sen saber”. Eu diría de abrir un pouco os ollos, mirar o teu interior e coñecer quen ti eres, só así, poderás ver que é moi bonito tomar as túas propias decisións, e o que é máis importante, alcanzar o éxito da túa persoa.
 

domingo, 25 de maio de 2014

A importancia de ser agradecido

Ser agradecido é algo moi importante xa que a todos nos gusta que nos agradezan.

Sexa da maneira que sexa... dende un pequeno detalle ata un simple "Gracias", non se necesitan de grandes cousas par agradecer.

Agradecer implica que alguén fixera algo por ti, non importa o que, se foi pasarche un lapis ou salvarche a vida, esa persoa perdeu o seu tempo por ti.

De feito, cada un de nos estamos aquí gracias a dúas persoas e o noso agradecemento tería que ser cumprir co básico que se nos pide. Pero isto non sempre ocurre.

 
 

 

Outro exemplo está en calquera profesión, estamos rodeados de cousas que outros fixeron.
A nosa saúde vese relativamente óptima gracias a uns descubrimentos anterirores e a implicación de unhas persoas posteriores. A educación, o saber se "saber" vai con "b" ou con "v", quen descubriu América ou incluso canto é dous máis dous... Todo ten o seu traballo e, aínda que precisamente se trate dun oficio e cobren por iso, non deixa de ser un esforzo dedicado a nós.

Todos pasamos a formar parte de algo, de algúen a que se lle di: "Daríao todo por ti", ese todo é o resultado das emocións que esa persoa sentiu e sente por ti e das cousas que fixo e fará.

O dito, é moi bonito cando fan algo por ti, pero máis bonito é agradecer. As veces non son necesarias as palabras: o agradecementos dos xogadores dun equipo é o seu esforzó no campo, pero non só queda aí, xa que fóra del séguese sendo persoa, e tanto nas boas coma nas malas debese estar aí e agradecer.

Só me falta dicir, Gracias!

mércores, 16 de abril de 2014

Unha para reflexionar

Non importa de que lado esteas: se cres que Deus é o creador de todo e polo tanto da natureza; ou se cres que todo vén por unha “gran explosión”.
O caso é que todo está feito, está aí.

Dende os seres máis primitivos, como os poríferos; ata os máis complexos, o ser humano. Cada puño de herba ata unha gran selva.
Toda a nosa natureza, chea de vida. A cantidade de temas que envolve…

Pero é todo o que nos rodea natureza??



Ao longo da historia da humanidade, esta viuse modificada polo home de diferentes e sorprendentes maneiras que converten o natural nun algo máis artificial.
O mar, pide a berros recuperar o seu lugar, iso estámolo vendo. Unha paisaxe debería envolver un todo natural, non material.
Pero é un tema moi complexo que nos obriga a adentrarnos  máis na orixe do noso mundo, no seu comezo, e nos sucesos e cambios de vida que viron evolucionar ou avanzar na historia.

Suponse que, para vivir mellor, necesítanse casas. Para investigar, necesítase da ciencia e dos seus experimentos. É aquí a cuestión: todo iso, considérase unha explotación da natureza ou simplemente unha maneira de evolucionar?

Analizarémolo máis a fondo! ;)

martes, 31 de decembro de 2013

A chegada dun novo ano

Cando un ano máis remata, a xente adoita propoñerse a facer moitas cousas: que si deixar de fumar, adelgazar, ir ao ximnasio (o típico) ou viaxar, estudiar un idioma, buscar traballo… é dicir, márcanse obxectivos que ao final serán cumplidos ou non, depende da persoa.

O caso é que buscamos estas fechas para cambiar algo que, realmente pódese facer calque día (pois un 4 de marzo levanteime e decidín que para estar en forma saliría correr polas mañás tres veces á semana, por exemplo).

Realmente finde ano é un cambio máis de fecha, é tomar as 12 uvas correspondentes, é brindar con todos aqueles do teu arredor…

Inconscientemente (ou non) estás recibindo un novo ano no que non sabes que pode suceder, Xa que, se analizas todo o ano pasado, moi poucas cousas foron esperadas.

Todos esperamos algo do novo ano! As veces, sen decatarnos de que certos casos dependen moito de nós, e outros nada.

Poucos din “pois a seguir como estábamos”, e moitos din “con tal de que non sexa peor”… Ante un evento así sempre hai que buscar o lado positivo, xa que por iso facemos tanta festividade.

E xa que estamos a pedir, e todos piden: eu non pediría nada para min, nin sequera a lotería, nin a frase feita de “a paz mundial”; eu pediría “cambios”, un cambio que envolva a todo e a todos.
Un cambio de actitude para aqueles que non o ven claro ou inseguros, para aqueles que só pensan en sí mesmos e para aqueles que só saben facer o mal.
Un cambio de situación, non só é “nestes tempos” senón “dende sempre” que existen familias que o están pasando mal.
Un cambio, en breves palabras, na e da humanidade.
Como non depende de min, nin sequera dunha masa de persoas, senón de todo o mundo, só quedara na miña mente e sempre, na miña esperanza.
FELIZ ANO! ;)

sábado, 21 de decembro de 2013

A adición

Que é unha adición? Unha adición é eso que necesitas si ou si. Ou é esa acción necesaria de realizar para frear as túas ansias, a túa cabeza. O que é adicto está atrapado a “eso” que non o deixa ser libre.
A maioría das adicións, por non dicir todas, son malas.

O tabaco, ten máis de catro mil substancias tóxicas e máis de seiscentos aditivos con só un obxectivo: Volverte adicto!Cantos máis haxa, máis ricos se volven. O peor é que a xente é consciente disto, e a pesar de sabelo, seguen consumindo.
 
 
Nos anos 60, case ninguén sabía que fumar facía mal, era algo que se vía, algo así como levar o pelo de punta; había xente que o levaba e outra non. Agora, na actualidade, ninguén o ignora e é aquí cando me pregunto: Que poderoso poder (vaia a redundancia), leva a facer algo a sabendas de que che fai mal?
Non che dan ganas de dicir: hei, desperta! Que fumar non é guai, non ten nada positivo: produce cáncer e outras enfermidades, é caro, deixache os dentes podres, a cara desfeita, desprendes un olor horrible e o peor, molestas aos demais. Pero, a pesar diso, cada vez comézase dende máis novos, nesta xeración que crece cada vez máis rápido.

Pero non só hai adictos ao tabaco nin ao alcohol, hai adictos ao traballo, á comida, ás persoas, á soidade…
Hai algo que relaciona a tódolos adictos: creen que cando realizan ou toman a súa droga, xa está, remata a necesidade pero, en realidade, é o comezo, que irá crecendo ata volverse insoportable e amarrarche polo resto da túa vida se non eres o suficientemente forte como para vencelo.

domingo, 10 de novembro de 2013

Unha de preguntas (3)

Ser ou non ser egoísta? Esa é, neste caso, a cuestión.

Unhas veces por moito e outras veces por pouco.
“Fagoo por ti” que implica que non se fai por un mesmo, é un claro exemplo de non egoísmo. É un acto de fala realizativo, o que sei di, faise.

Pero cando das e das e non recives? Cando tentan levar un control sobre ti? Nese caso, non deberiamos de ser un pouco egoístas?

 
 

E no caso contrario: moitas veces somos moi egoístas cos nosos país, por exemplo, deberíamos decatarnos de que gracias a eles estamos aquí, o feito que vivamos donde vivimos, vistamos o que vestimos… Eles encárganse de darnolo todo, tanto o abstrato coma o físico. E teriamos que pensar máis en eles e menos en nós, que aínda que non o digan, eles tamén o padecen.
Hai un montón de casos,,, Opinións,,,,

mércores, 25 de setembro de 2013

As Apariencias

Dende sempre tense a manía de prexuzgar a xente polo seu aspecto.
Encántanos criticar, mirar e analizar cada detalle, atopando defectos…
E cando se conoce máis profundamente , estes convértense en virtudes.

Sempre se ve o lixo no ollo axeno.
Quizás o problema estea nas modas, quizás estea na nosa mentaliade ou incluso na nosa educación… pensó que é un problema da sociedade.
Teríamos que aceptar que cada un, é como é, tal e como é: Se é gordo ou delgado, se viste de negro ou de cores, se ten o pelo castaño ou verde…

Porque a personalidade ao final atópase no máis profundo fondo, incluso moita xente non sabe nin como é. Para coñecer a unha persoa moi ben fai falta moitísimas horas de convivencia continua.
O de fóra, como outras veces dixen, é un simple envoltorio do cal podemos presumir de moitísimas maneiras pero nunca lle gañará ao caramelo.
Aquela persoa que se aguanto una súa liña, pasando do que lle dixeran, esa persoa recibe a miña máxima enhoraboa

Non podes quedarte prisioneiro do que van a decir porque senón nunca serás ti.

xoves, 22 de agosto de 2013

Salvando á Humanidade. O Aliado (2)

Que é un aliado?
Un Aliado é todo aquel que nos vén a salvar de todo o que nos afecta, que nos fai mal, incluso de nós mesmos, que nos guía polo camiño, que nos fai reaccionar e ver aquelo que antes nin sequera sentíamos.
É aquel que nos devolve a nosa imaxe, que nos dá luz na máis profunda oscuridade, é o que nos saca do pozo.

 
 
Un aliado sempre está, o difícil é velo, e percatarnos de que necesitamos axuda, de que sempre haberá alquén quen esté disposto a poñer esa man.
Un aliado é un escudo, un seguro, un protector; un aliado é quen nos axuda a volver a ser.
Un aliado é un compañeiro, un amigo, un familiar, un amor…un descoñecido ao mellor, ou unha persoa inesperada… todo eso e moito máis é un aliado.

 
 

mércores, 14 de agosto de 2013

Salvando á Humanidade. O Aliado

Todos vivimos no mesmo mundo, todos temos a nosa disposición a natureza e todos, suponse, que temos o mesmo obxectivo: vivir.
Pero sen embargo vemos actos inexplicables, actos vacios, cheos de odio e oscuridade, actos que mellor non nomear.
Pero se a creación foi un acto violento, caótico. Por que lle vamos pedir á humanidade que non o sexa?

 
Os seres humanos son seres extranos, moi particulares e especiales que poden facer estalar centos de reaccións, que en moitos casos, no lugar de buscar a felicidade, provócanse a sí mesmos e aos que lles rodean, todo o contrario.
É inexplicable, é absurdo, pero está aí, pasando constantemente…
Buscando ese algo que o outro ten, intentando ridiculizar, facéndose dano a sí mesmos, xogando cos demais, tratando de cambiar algo que non lles afecta…
Vidas valeiras de vida, cheas de oscuridade sumerxidas no máis profundo vacío.
Pero será posible cambialo? Haberá un algo que os faga cambiar? Será unha maneira de chamar atención, de pedir axuda?
Será que necesitan un Aliado?


luns, 10 de xuño de 2013

Unha de contos (2)


Sempre recordarei ese día, non só polo que sucedeu, senón polo que supuxo. Xa case era hora de cear, os raios de sol cada vez eran máis débiles e as montañas estaban a punto de tapalo completamente.
Eu estaba entrenándome para unha “loita de paus” (tratábase dun enfrontamento cun pau longo entre dous guerreiros para poder ser, nun futuro, grandes combatentes), cando recibín un golpe e caín ó chan. Na miña cabeza, no meu interior, despois dese día sempre estaría presente unha voz, aquela voz grave e forte dicíndome, sempre, que xamais me rendira, que perder non significa que o xogo remate senón unha nova oportunidade para volver a empezar. Que caer implica levantarse e que rendirse implica cobardía.
Nese intre, sen saber que facer nin como actuar, puiden sentir unha man fría pero, ao mesmo tempo, cálida sobre o meu ombreiro.  Si, era el.
Como non, aínda recordo  esa conversa, eu era un neno alto e delgado e el, el era un home dos pes á cabeza, un guerreiro ao cal admirabamos e todos desexabamos ser como el, pero a vida non llo puso fácil e tivo que loitar e sufrir a pesar de que todo aquilo o levase por dentro. Loitou contra grandes cabaleiros os cales, naqueles tempos, parecían invencibles, apoderouse das máis fermosas terras pola súa implicación no traballo, conseguiu que todas as doncelas suspiraran ao velo pasar. Con tan só dez anos, xa percorrera máis da metade do noso territorio en busca de aventuras e, o máis importante, sempre foi cá verdade por diante facéndose  cargo dos seus actos o que demostraba que detrás dese aspeto frío e serio, se escondía unha grandísima persoa.
Cando eu cría que non había nada polo que loitar, que todas as esperanzas estaban perdidas, el abriume os ollos e axudoume a convertirme no home que hoxe en día son, Edmum Baller, cabaleiro da mesa redonda. Antes, un simple plebeio, agora un guerreiro,  e grazas as súas  palabras:
- Neno, a todo o mundo lle gustaría que llo entregaran en bandexa,  pero a vida, grazas   a Deus, non é así. Sería todo moi aburrido, non cres? Non habería nada polo que loitar. Haberá momentos bos e malos, incluso algúns nos que te preguntes por que estás aquí,  pero cando estás aí e non sepas que facer, nin por que pelexar, recorda:  tras as nubes o ceo sempre é azul.
Esa frase, quedoume grabada coma lei de vida, e a partir dese día conseguín ser feliz, porque a felicidade está nas pequenas cousas, nos pequenos detalles. A felicidade pode estar en mil sitios esperando a ser atopada. Nese día comprendín, que non todo é tan malo como parece que depende da túa actitude e pensar sempre en positivo, a base está na  mente.
E recordar sempre, que a persoa máis importante da túa vida, eres ti!

 

venres, 31 de maio de 2013

Intervención creativa


Nalgún momento dámonos conta, hai algo que non gusta, que nos parece inxusto e que desexamos cambiar.
Ao mellor, pensamos que a solución máis fácil é revelarnos, de tal maneira, indo contra “ese algo”.
E outras veces incluso pensemos que non hai solución pero… ESTAMOS EQUIVOCADOS.

 

Todo ten solución, se algo se quere, está nas nosas mans cámbialo.
Mentres que uns se tiran bombas, utilizan o medo, e intentan solucionalo con armas mediante unha guerra, nos temos a posibilidade de facelo doutra maneira.

Principalmente, mediante o diálogo: unha palabra, unha frase ou un discurso, todo di. O silencio, tamén fala, pero cando estes factores non funcionan, é o momento de actuar.

Actuar con cabeza, dunha forma ordenada, cos pés sobre a terra, pensando que todos somos un. Se cada un vai polo seu lado, de nada servirá, isto ten que ser unha unión, un equipo.

Moita xente chamaralle REVOLUCIÓN,pero eu prefiro chamarlle INTERVENCIÓN CREATIVA.



Unha intervención creativa é calquer cousa que ti poidas aportar, é buscar algo orixinal e que non pase desapercibido, trátase de facer reaccionar a outras persoas ou polo menos, demostrarle que estamos aí, que, aínda que non nos escoitan, sempre nos notarán.
E disto se trata, xuntos somos a RESISTENCIA, a revolución, sós, somos paxaros sen cabeza correndo por tódolos lados sen unha meta que alcanzar.

sábado, 25 de maio de 2013

A liberdade


Todos buscamos a liberdade, queremos ser libres.
Moitos adolescentes pensan: “cando deixe a casa dos meus país e vaia a vivir a outro lado, aí vou a ser libre.” Pero penso que se equivocan.

Ser libre non é simplemente facer o que queiras, cando queiras, donde queiras e como queiras, ser libre implica responsabilidade. Non vas a dicir “ah, que fea é esta papeleira, vamos a rompela.” Iso sería facer uso dunha liberdade non correspondida, que non che pertence.
 
 
A aguia é o símbolo co que se representa a liberdade.
 
A liberdade  tamén dá medo, dá pánico, non saber o que querer facer, nin como facer…
A liberdade é aquilo que sentes cando saes a fóra despois de moito tempo encerrado.
A liberdade é ter aquela capacidade de elixir o que queres e facerte cargo da túa elección.
É máis fácil facerlle caso a alguén que facerse caso a un mesmos pero aí está o ser libre, poder tomar as túas propias decisión sen influenciarte por nada nin por nadie.
Porque aínda que moitas  veces non o pensemos ou non nos deamos conta, somos libres dende o primeiro momento, somos libres porque estamos continuamente tomando decisións, libres porque paseamos e viaxamos por diferentes lugares, libres de ser como queiramos tanto interiormente como físicamente, porque podemos ser libres nun mundo mellor (o teu).
Sempre dicimos: “eu son libre de facer o que queira”, aí está a clave, sempre serás libre se “o que queiras facer” o sepas facer ben.
 

domingo, 5 de maio de 2013

Unha de preguntas (2)


“Supostamente” todo mundo pode expresar a súa opinión, sempre dunha maneira educada e respetuosa, aínda que isto non sempre se cumpre. Pero, ata que certo punto é isto certo?

 

Gustaríame saber diferentes opinión para poder sacar as miñas propias conclusións. Xa que, últimamente, non estou vendo isto. Aínda que España se considere un país “libre de expresión” (por iso se trata, supostamente de novo, dunha democracia) que certos detalle fanme dudar e facerme pensar de que, en realidade, é un disfraz.


luns, 29 de abril de 2013

O escudo

 
 


Un escudo é a arma defensiva máis antiga empregada para protexerse fronte un ataque.

Pero, quizais, teña un significado máis metafórico:

Cando nos sentimos amenazados, candos sentimos medo, ante situación inesperadas….utilizamos unha coraza, escudámonos.

Para tapar a nosa personalidade, as emocións, o que pensamos…

Moitas veces , somos o escudo doutra persoa e en outras ocasión escudamos a persoa equivocada e non merecida.

E outras veces escudámonos tanto que acabamos presos da nosa coraza, sos detrás do noso propio escudo.

Ao fin, do que se trata é de protexerse a un mesmo pero, ás veces, é necesario retiralo, deixarte ver, enfrentarse aos medos sen ninguna coraza, sen ningún escudo, desarmarnos, tirarnos ao mar,,,sen salvavidas!

domingo, 23 de decembro de 2012

A mentira


Posiblemente se esto se publicou será porque o “temido” fin do mundo do 21 de decembro non ocorreu.
Nin sequera eses tres días de escuridade total que se tiña previsto. Esto demostra, unha vez máis, que non hai que crer todo o que se nos di.
As mentiras non son boas. Sempre me preguntei, por que unha persoa minte?

Non pasa nada porque algunhas veces digamos algunha “mentira piadosa”, para salir dun apreto, para facer un chiste, por medos,,,,
Pero cando a mentira se converte en algo constante e diario é cando é maligna.
Moitas veces es consciente de que che están mentindo e segues escoitando. Posiblemente, agora non estaríamos así se non se lle dera vidilla a un mentiroso.
Un mentiroso acaba por creerse as súas propias mentiras, acaba formándose un mundo onde se ve implicada  a xente do seu arredor.
O peor dunha mentira é que cando xa a realizaches estarás obligado a inventar moitas máis para soster a certeza da primeira.
Aínda que ten os seus castigos, a un mentiroso non lle creerás nunca, incluso cando diga a verdade.
Toda a mentira ten a súa consecuencia, pero toda verdade tamén ten a súa consecuencia.
A consecuencia é o motivo polo que buscamos a verdade.
Pero non quero levar esto ata un extremo, está claro que o tema do fin do mundo tiña o seu “atractivo” e a xente deulle vidilla ata que se chegou ao día.
Tamén, ás veces, esta clase de “mitos” dá lugar a que a xente fale un pouco e , polo menos, entreternos con algo, incluso cando este algo sepamos, dende un principio, que é todo unha mentira.

martes, 2 de outubro de 2012

Facerse maior

Cando nos facemos maiores?
Crecer implica que o teu corpo comece a cambiar, é algo inevitable, pero non só o físico cambia.
Os teus pensamentos, os gustos, a maneira de ver a vida…
Facerse maior é algo máis que crecer uns centímetros.
O facerse maior implica madurez e non ten nada que ver coa idade que teñas, se es baixo ou alto.
Podes ter 15 anos e ser maduro e  ter 50 e ser infantil.
Que o tempo pase e o corpo che cambie é natural, non deixar pasar o tempo e cambiar eso, é madurar.
Cando comezas a ver a vida de distinta maneira, saber falar pero tamén escoitar, saber que hai algo maís aló dos teus pensamentos, entender o que antes tomabas por unha tonteria ou simplemente non entendias, mirar atrás e recordar con aprezo aqueles debuxos que vias ou o grupo de música que escoitabas e non avergonzarte deles, todo isto e máis é parte da madurez, e polo tanto, de facerse maior.
É moi fácil utilizar esta frase (Eu son madura) para a túa convenencia cando despois non sabes nin fregar un prato.
Tarde ou cedo faraste maior, ou iso quero pensar eu.
Poder mirar ó meu arredor e ver xente madura.

venres, 7 de setembro de 2012

A imaxinación humana

Lendo un libro atopei estas preguntas:
Quen levantou os moais da isla de Pascua? Existiu entre as islas Fidji o arquipelago das Hawai, e na isla de Pascua o desaparecido continente de Mu? E a atlántida? Existiu algunha vez o mundo do rei Arturo e os seus cabaleiros da Tabla Redonda? Houbo en algún lugar o reino das temidas Amazonas? Pudo algunha vez poblar algunha zona da Terra unha civilización procedente do espazo?


Un montón de preguntas para tan poucas respostas.
Moitos exploradores, científicos e aventureiros intentaron buscar as respostas destas preguntas.
Pero, a realidade, é que non teñen resposta posible.
Son magníficas creacións da imaxinación humana.
Podes ceer ou non creer, pero necesítase esto para facer voar a imaxinación. Moita xente necesita aferrarse a este tipo de historias. Non sería xenial?
Un lugar submariño, unha cidade de ouro, un reino repleto de personaxes máxicos…
Porque é que en realidade a imaxinación humana é un poder moi pouco valorado que pode facer, dende sacarlle unha sonrisa a un rapaciño ata mover masas e masas de xente.

venres, 29 de xuño de 2012

O valor das palabras

A xente fala moito, pero poucos se preocupan polo valor das palabras.
As palabras son unha arma de destrucción masiva.
Ás vece, usando correctamente as palabras podemos facer calar a miles e millóns de persoas.
Cada palabra ten un significado e moitas delas non se usan dunha maneira adecuada, por iso, moitas veces malinterpretamos o seu significado.
Unha vez dixéronme: “A miña palabra favorita é actuar, porque non se di, faise”.
Unha palabra dita, ou non dita, gritada ou susurrada pode levar a unha revolución.
As palabras están aí, para ser usadas.
As palabras tamén serven para ocultar o que pensamos, o que sentimos.
As palabras dan respostas, pero dan algo máis forte, preduntas.
As palabras fannos reaccionar, fannos sentir, fannos chorar, fannos, reir… Aí está o poder da palabra.
O silencio son palabras gardadas, que non se din. Un xesto, pode dicir máis cunha palabra, unha mirada, unha sonrisa, un son de gloria…
Moitas veces non sabemos por qué calamos, e moitas máis non sabemos por qué falamos.
Deberíamos mirar máis para o valor de cada palabra e aagradecer que están aí.
É igual en que idioma o digas, en voz máis alta ou máis baixa, gritando ou chorando, as palabras están para ser usadas e hai que creer no valor delas.