Amosando publicacións coa etiqueta madurez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta madurez. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de maio de 2014

A importancia de ser agradecido

Ser agradecido é algo moi importante xa que a todos nos gusta que nos agradezan.

Sexa da maneira que sexa... dende un pequeno detalle ata un simple "Gracias", non se necesitan de grandes cousas par agradecer.

Agradecer implica que alguén fixera algo por ti, non importa o que, se foi pasarche un lapis ou salvarche a vida, esa persoa perdeu o seu tempo por ti.

De feito, cada un de nos estamos aquí gracias a dúas persoas e o noso agradecemento tería que ser cumprir co básico que se nos pide. Pero isto non sempre ocurre.

 
 

 

Outro exemplo está en calquera profesión, estamos rodeados de cousas que outros fixeron.
A nosa saúde vese relativamente óptima gracias a uns descubrimentos anterirores e a implicación de unhas persoas posteriores. A educación, o saber se "saber" vai con "b" ou con "v", quen descubriu América ou incluso canto é dous máis dous... Todo ten o seu traballo e, aínda que precisamente se trate dun oficio e cobren por iso, non deixa de ser un esforzo dedicado a nós.

Todos pasamos a formar parte de algo, de algúen a que se lle di: "Daríao todo por ti", ese todo é o resultado das emocións que esa persoa sentiu e sente por ti e das cousas que fixo e fará.

O dito, é moi bonito cando fan algo por ti, pero máis bonito é agradecer. As veces non son necesarias as palabras: o agradecementos dos xogadores dun equipo é o seu esforzó no campo, pero non só queda aí, xa que fóra del séguese sendo persoa, e tanto nas boas coma nas malas debese estar aí e agradecer.

Só me falta dicir, Gracias!

domingo, 5 de xaneiro de 2014

Carta por Nadal

Queridos Reis Magos de Oriente, este ano tratei de portarme o mellor posible para qye vexades que son un bo rapaz. Houbo algún día que, por non querer facer  a cama ou lavar os dentes, recibín algún reñido. E, posto a contar iso, tamén teño que confesar que Xoán (un dos meus mellores amigos) e eu botámoslle pasta de dentes entre dúas galletas sacándolle a crema que debería ter e démoslla a “Carlitos” (o fillo do médico do pobo). É que el, sempre está a sacarnos a nosa merenda e digamos que se fai iso o noso non é tan malo,,,,ou si??

Ademais, teño dous sobresalientes nas notas,,agás dous notables! Meu pai díxome que, se seguía así, podería chegar a arqueólogo, o meu gran soño que tiven sempre, dende cativo (bueno, digamos que non son tan grande pero, o mes pasado cumprín 9 anos, asi que…). E falando diso: meu avó regaloume unha rocha con restos dun animal, el díxome que era un fósil e que era unha das pezas que tiña que comezar a analizar. A min faime moita ilusión!

Ao que ía, este ano non quero pedir nada para min, quero que sexa algo de todos,  e  que vala para que todo sexa mellor.

Quero un remedio para toda a xente que o está pasando mal, que por certos motivos esta navidade non está sendo a mellor. Quero que meu pai consiga un traballo onde lle paguen ben, quero que mamá sonría sempre e que nunca xamais lle caia unha bágoa.

Ah, e unhas zapatillas quentes para a Avoa Clara, a pobre non fai máis que queixarse de que ten sempre os pes fríos.

Espero que, polo menos unha parte, sexa posible. Non quero ver máis guerras na televisión, nin oir falar máis diso da “crise”…

Moitas gracias por anticipado, porque sei que algo tentaredes facer.

 P.D: Síntoo por non botar máis leite nos vasos, e que é o último cartón e mamá di que pasades por tantas casas que non fai falta e que xa enchedes ben o estómago!

 
Saúdos, Henrique!

luns, 10 de xuño de 2013

Unha de contos (2)


Sempre recordarei ese día, non só polo que sucedeu, senón polo que supuxo. Xa case era hora de cear, os raios de sol cada vez eran máis débiles e as montañas estaban a punto de tapalo completamente.
Eu estaba entrenándome para unha “loita de paus” (tratábase dun enfrontamento cun pau longo entre dous guerreiros para poder ser, nun futuro, grandes combatentes), cando recibín un golpe e caín ó chan. Na miña cabeza, no meu interior, despois dese día sempre estaría presente unha voz, aquela voz grave e forte dicíndome, sempre, que xamais me rendira, que perder non significa que o xogo remate senón unha nova oportunidade para volver a empezar. Que caer implica levantarse e que rendirse implica cobardía.
Nese intre, sen saber que facer nin como actuar, puiden sentir unha man fría pero, ao mesmo tempo, cálida sobre o meu ombreiro.  Si, era el.
Como non, aínda recordo  esa conversa, eu era un neno alto e delgado e el, el era un home dos pes á cabeza, un guerreiro ao cal admirabamos e todos desexabamos ser como el, pero a vida non llo puso fácil e tivo que loitar e sufrir a pesar de que todo aquilo o levase por dentro. Loitou contra grandes cabaleiros os cales, naqueles tempos, parecían invencibles, apoderouse das máis fermosas terras pola súa implicación no traballo, conseguiu que todas as doncelas suspiraran ao velo pasar. Con tan só dez anos, xa percorrera máis da metade do noso territorio en busca de aventuras e, o máis importante, sempre foi cá verdade por diante facéndose  cargo dos seus actos o que demostraba que detrás dese aspeto frío e serio, se escondía unha grandísima persoa.
Cando eu cría que non había nada polo que loitar, que todas as esperanzas estaban perdidas, el abriume os ollos e axudoume a convertirme no home que hoxe en día son, Edmum Baller, cabaleiro da mesa redonda. Antes, un simple plebeio, agora un guerreiro,  e grazas as súas  palabras:
- Neno, a todo o mundo lle gustaría que llo entregaran en bandexa,  pero a vida, grazas   a Deus, non é así. Sería todo moi aburrido, non cres? Non habería nada polo que loitar. Haberá momentos bos e malos, incluso algúns nos que te preguntes por que estás aquí,  pero cando estás aí e non sepas que facer, nin por que pelexar, recorda:  tras as nubes o ceo sempre é azul.
Esa frase, quedoume grabada coma lei de vida, e a partir dese día conseguín ser feliz, porque a felicidade está nas pequenas cousas, nos pequenos detalles. A felicidade pode estar en mil sitios esperando a ser atopada. Nese día comprendín, que non todo é tan malo como parece que depende da túa actitude e pensar sempre en positivo, a base está na  mente.
E recordar sempre, que a persoa máis importante da túa vida, eres ti!

 

martes, 21 de maio de 2013

O xogo da vida


A maneira de ver a vida cando es rapaz a cando es adulto é moi diferente, iso non cabe dúbida, a medida que creces a maneira de ver as cousas e os teus pensamentos van cambiando.
Pero agora, se nos poñemos a pensar:

Cando es rapaz xogas a mamás e papás, a ser profesores ou médicos… xogamos a ser grandes. E todo iso, non son ensaios da vida? Non serve para un futuro? Incluso, nalgúns casos, para encamiñarte?
Hai veces, tamén, que cando eres grande, podes obsesionarte por que a vida sea tal cal coma a pensabas, xogando.
Realmente é difícil, en ambos casos hai regras que debemos cumprir , non existe ningún xogo sen elas.  Pero, cando es grande, é posible xogalo cas mesmas regras? Acaso non é eso, ser infantil?

Ás veces pregúntome: canto hai nun neno do adulto que será? Canto hai nun adulto do neno que fui?

Ser grande é xogar a un xogo que parece coñecido, pero non o é.
Despois de todo, cada un marca o seu camiño, con maiores ou menores dificultades, pero pódese conseguir chegar ao final. Todo está nun mesmo.

Pero dentro disto, hai unha gran diferenza no xogo:
Cando es rapaz non hai consecuencias, remata o xogo e os soldadiños que perderan na batalla volven á caixa e ao seguinte día xa están listos para unha nova guerra, pero na vida real, no xogo dos “maiores”, fin do xogo significa FIN DO XOGO.

sábado, 30 de marzo de 2013

A vida


Durante anos moita xente se pregunta sobre o sentido da vida.
Estamos aquí cun destino marcado? Ou simplemente somos unha creación?
Dende o meu punto de vista, a vida está para vivila e intentar conseguir o que queremos para dicir ao final que o camiño percorrido o facemos nos mesmos.
O tempo pasa e a xente cambia. Sacamos fotos para inmortalizar o tempo, a min servénme, non só como un recordo, senón para ver a evolución:

 

Ao final séguese sendo o mesmo, cos mesmo rasgos, o que cambia é a maneira de pensar e ver as cousas.
O pasado está como recordo. Mirar atrás e ver aquela palabra non dita, o abrazo que che saíu, o enfado que che marcou, os lugares recorridos, a pataleta por un simple xeado ou o salto de alegría por ver ao teu equipo gañar…
O presente, agora tan cercano escribindo esta palabra, e tan lonxe, como que xa pasou.
E o futuro, do cal, non podo falar, gústame planear pero ata certo punto, aínda que espero que sexa bo.
Do que podo falar é do de atrás, agradecer a cada persoa que me dedicou o seu tempo, a que me fixo chorar e a que me deu a benvida.
E algo que aprendín nesta tempada: que as persoas boas non se atopan tan lonxe, só tes que atopar o lugar adecuado.
Vivir a túa vida e preocuparte pola túa. E recordar sempre, o máis importante disto:
Non existe outra perdoa por enriba, porque ti eres, o único protagonista, da TÚA VIDA!

martes, 2 de outubro de 2012

Facerse maior

Cando nos facemos maiores?
Crecer implica que o teu corpo comece a cambiar, é algo inevitable, pero non só o físico cambia.
Os teus pensamentos, os gustos, a maneira de ver a vida…
Facerse maior é algo máis que crecer uns centímetros.
O facerse maior implica madurez e non ten nada que ver coa idade que teñas, se es baixo ou alto.
Podes ter 15 anos e ser maduro e  ter 50 e ser infantil.
Que o tempo pase e o corpo che cambie é natural, non deixar pasar o tempo e cambiar eso, é madurar.
Cando comezas a ver a vida de distinta maneira, saber falar pero tamén escoitar, saber que hai algo maís aló dos teus pensamentos, entender o que antes tomabas por unha tonteria ou simplemente non entendias, mirar atrás e recordar con aprezo aqueles debuxos que vias ou o grupo de música que escoitabas e non avergonzarte deles, todo isto e máis é parte da madurez, e polo tanto, de facerse maior.
É moi fácil utilizar esta frase (Eu son madura) para a túa convenencia cando despois non sabes nin fregar un prato.
Tarde ou cedo faraste maior, ou iso quero pensar eu.
Poder mirar ó meu arredor e ver xente madura.