Amosando publicacións coa etiqueta sentimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sentimentos. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de febreiro de 2017

Equilibrium


Esta película do 2002 está escrita e  dirixida por Kurt Wimmer, un director pouco coñecido pois a súa produción é escasa. Está protagonizada por Christian Bale que, dende o meu punto de vista, acerta con este papel. (Tráiler por aquí)

É unha película de ciencia ficción, thriller e acción. Pero a min gústame destacala como unha distopía. Xénero que me gusta especialmente.

Basicamente a trama vai sobre o establecemento dun réxime totalitario futurista no que, tras a terceira guerra mundial, deciden suprimir o foco que, segundo o argumento, é o causante das guerras neste mundo, e isto son os sentimentos. É dicir, está prohibido sentir e con isto, todo o que poda producir sentimentos: libros, música, arte, etc.

O punto de inflexión na trama non tarda en chegar e prodúcese cando o protagonista se da conta de que o seu mentor rompe as normas lendo un libro. isto produce nel un conflito e de aí comeza a cuestionarse sobre a vida en Equilibrium

Resultado de imagen de equilibrium

Algo que se repite e que finalmente é importante na película é a toma dun soro que todos os habitantes deben tomar para, evidentemente evitar sentir.

O uso do color vai bastante acorde coa atmosfera que se presenta. A película é escura, con pouca iluminación que comeza a nacer contra o final. O vestiario acompaña este detalle e deixa dende o principio que cargo ocupa cada personaxe. Os ángulos sitúannos ben no lugar onde se producen os feitos: dende os planos xerais que mostran Equilibrium, ata os primeiros planos para ver a expresión do protagonista.

A película non conta con grandes efectos especiais, mais as coreografías están moi ben executadas e déixante en tensión.

A representación dos personaxes paréceme moi acertada. Durante toda a película crinme o estado no que se sentía o protagonista. A expresión seria de Christian Bale durante a película e o seu espertar a min, como espectadora, gañoume.

É certo que, ao non ver esta película en versión orixinal, pérdome bastante da actuación dos personaxes. Caso que sempre sucede pois, unha parte esencial da actuación dun actor ou actriz é a voz e como a expresa. Debería comezar a ver as películas na súa versión de orixe.  Próximo propósito.

Non destaca unha banda sonora, tan só o principio para presentarnos a trama, mais destaca un cacho dunha peza de Beethoven nun momento importante da película, pois recordamos que a música, e todo tipo de expresión artística, estaba prohibido.

Moitos comparan esta película con “The Matrix”. Eu non a vin, téñoa pendente na lista, mais o argumento e punto importante non vexo que teñan moito que ver, pois se mal non entendín, The Matriz fai alusión á tecnoloxía, e Equilibrium, como estou contando, céntrase nos sentimentos.

Pois ben, esta película penso que da para pensar bastante e comentala. Con tan só pensar nun mundo sen sentimentos xa da pé a un debate. Sería posible un mundo onde ninguén sentira nada? Non sería ao fin, un mundo de humanos sen humanidade? Algo que nos diferencia e que nos caracteriza como seres humanos é a complexidade dos sentimentos.

Imaxínate un mundo onde as relacións entre as persoas son tan só por simple continuidade, ter sexo tan só para procrear e manter a familia co fin de “crear persoas”. Imaxínate un mundo onde ninguén sabe de nada, onde tan só se fai o que os de arriba manden.

Por dicir algo que “non me gustou” foi o final. Sen facer spoilers, o final deixa bastante que desexar pois non se sabe que pasa despois, nin hai unha conclusión sobre a trama, o cal enriquecería moito máis a película.

E por último...

Opinión e reflexión persoal:
Gustoume moito esta película. Entretenche durante todo o seu transcurso e, aínda que sexa un final “esperado”, déixache en tensión ata o seu remate.

A idea dun mundo sen sentimentos paréceme moi orixinal e que da para falar bastante. Sería algo así como, un mundo dominado por humanos pero sen algo que nos identifica como tal.
Sobre recursos escénicos non podo comentar demasiado porque non teño moita idea disto, pero penso informarme e comentalo en futuras películas.

Quero facer fincapé, unha vez máis no tema central. Esta película, é totalmente ficción ou hai algo de realidade?
Na sociedade actual, existen métodos para controlar, de algunha maneira os sentimentos, sobretodo os malos sentimentos. Existen libros psicolóxicos que che din que podes obter o desexado tan só proxectándoo ao universo co fin de non producir emocións negativas. Illando dalgunha maneira aquilo que nos afecta.  Eu relaciono isto, de certa maneira,  coa crenza de certas enerxías. Pero disto falarei en próximas entradas.

Nos traballos, a veces, mandan aos empregados a talleres de emocións para xustificar as condicións polas que están pasando e tratar de agarralos aos seus ideais.
De feito, o exemplo máis claro son as pastillas antidepresivas, creadas para influír nas emocións das persoas. Búscase unha solución con algo antinatural cando a solución na maioría das situacións está na actitude. En vez de superar o que non lles gusta ou non lles fai feliz, acabando tomando algo que realmente lles causa outros efectos, a veces peores.

Con isto non quero dicir que é malo ser positivo senón que hai que mirar o que  nos fai infelices e cambialo. Finalmente, sorpréndeme que esta película non tivera máis transcendencia da que tivo, pois se mal non me informei, ata non hai moito non estaba traducida ao español, e en América a penas foi comentada. Ao fin e ao cabo, a maior ou menor fama das películas ao fin e ao cabo está un pouco manexada por intereses. Hai grandes películas que, sen presentar unha escenografía espectacular, a idea é realmente boa. Unha pena que non estean todas no mesmo saco.
Gustoume moito empezar esta sesión. Creo que seguindo esta liña vou comentar e recomendar moitas películas que lle vexa algún tipo de interese. Obviamente non é unha crítica súper producida pero tratarei de mellorar na miña forma de comentalas.

Ata a seguinte entrada...

O Mundo de Saturno


domingo, 25 de maio de 2014

A importancia de ser agradecido

Ser agradecido é algo moi importante xa que a todos nos gusta que nos agradezan.

Sexa da maneira que sexa... dende un pequeno detalle ata un simple "Gracias", non se necesitan de grandes cousas par agradecer.

Agradecer implica que alguén fixera algo por ti, non importa o que, se foi pasarche un lapis ou salvarche a vida, esa persoa perdeu o seu tempo por ti.

De feito, cada un de nos estamos aquí gracias a dúas persoas e o noso agradecemento tería que ser cumprir co básico que se nos pide. Pero isto non sempre ocurre.

 
 

 

Outro exemplo está en calquera profesión, estamos rodeados de cousas que outros fixeron.
A nosa saúde vese relativamente óptima gracias a uns descubrimentos anterirores e a implicación de unhas persoas posteriores. A educación, o saber se "saber" vai con "b" ou con "v", quen descubriu América ou incluso canto é dous máis dous... Todo ten o seu traballo e, aínda que precisamente se trate dun oficio e cobren por iso, non deixa de ser un esforzo dedicado a nós.

Todos pasamos a formar parte de algo, de algúen a que se lle di: "Daríao todo por ti", ese todo é o resultado das emocións que esa persoa sentiu e sente por ti e das cousas que fixo e fará.

O dito, é moi bonito cando fan algo por ti, pero máis bonito é agradecer. As veces non son necesarias as palabras: o agradecementos dos xogadores dun equipo é o seu esforzó no campo, pero non só queda aí, xa que fóra del séguese sendo persoa, e tanto nas boas coma nas malas debese estar aí e agradecer.

Só me falta dicir, Gracias!

domingo, 5 de xaneiro de 2014

Carta por Nadal

Queridos Reis Magos de Oriente, este ano tratei de portarme o mellor posible para qye vexades que son un bo rapaz. Houbo algún día que, por non querer facer  a cama ou lavar os dentes, recibín algún reñido. E, posto a contar iso, tamén teño que confesar que Xoán (un dos meus mellores amigos) e eu botámoslle pasta de dentes entre dúas galletas sacándolle a crema que debería ter e démoslla a “Carlitos” (o fillo do médico do pobo). É que el, sempre está a sacarnos a nosa merenda e digamos que se fai iso o noso non é tan malo,,,,ou si??

Ademais, teño dous sobresalientes nas notas,,agás dous notables! Meu pai díxome que, se seguía así, podería chegar a arqueólogo, o meu gran soño que tiven sempre, dende cativo (bueno, digamos que non son tan grande pero, o mes pasado cumprín 9 anos, asi que…). E falando diso: meu avó regaloume unha rocha con restos dun animal, el díxome que era un fósil e que era unha das pezas que tiña que comezar a analizar. A min faime moita ilusión!

Ao que ía, este ano non quero pedir nada para min, quero que sexa algo de todos,  e  que vala para que todo sexa mellor.

Quero un remedio para toda a xente que o está pasando mal, que por certos motivos esta navidade non está sendo a mellor. Quero que meu pai consiga un traballo onde lle paguen ben, quero que mamá sonría sempre e que nunca xamais lle caia unha bágoa.

Ah, e unhas zapatillas quentes para a Avoa Clara, a pobre non fai máis que queixarse de que ten sempre os pes fríos.

Espero que, polo menos unha parte, sexa posible. Non quero ver máis guerras na televisión, nin oir falar máis diso da “crise”…

Moitas gracias por anticipado, porque sei que algo tentaredes facer.

 P.D: Síntoo por non botar máis leite nos vasos, e que é o último cartón e mamá di que pasades por tantas casas que non fai falta e que xa enchedes ben o estómago!

 
Saúdos, Henrique!

martes, 24 de decembro de 2013

O Nadal!

Nesta época tan esperada por moita xente, onde a maxia do creer, a alegría e a ilusión xúntanse para formar o Nadal.
Unha época de descando mental, de comilonas enormes disfrutándoas en familia, xunto cos teus, de mirar pola ventá e ver as rúas alumadas e cheas de vida.

Adultos e nenos viven alonxados de problemas, preocupados polos regalos que están por vir. Os mais pequechos senten unha mezcla de ilusión e medo por ver se reibirán aquel agasallo que tanto desexaban recordando como se portaron este ano.
Todos facemos unha viaxe a aquela historia que se contou, sexamos creentes ou non, chegamos ata o portal de Belén vendo como os Reis Magos lle traen  ouro, mirra e incienso ao neno Xesús. Tamén nos subimos no trineo de Papá Noel xunto co seu gran saco de regalos. Adentrámonos entre o medio das nubes e chegamos a ver a estrela fugaz nunha noite escura e clara á vez.

É unha fecha onde ves a sonrisa na cara de tódalas persoas, facendo un paréntesis a vida real para posicionarse nese momento onde o malo non pasa e a ledicia dun mundo fai presenza.
 
 
Nun nadal de 2004....
Como son unas fechas especieais, eu tamén quixen facer una entrada especial! Por iso, busquei a unha "rapariga" que me axudara con isto do Nadal, e velaquí o seu pensamento:
 
O nadal é unha fecha na que todos e todas disfrutamos coas nosas familias, descansamos, reímonos, comemos… e todo iso xuntos.
Nunha etapa na que todos estamos ilusionados para que Papá Noel e os reis traian regalos, e non carbón, estamos agardando ese día.
Cando chega ese día todos queremos ver a esa xente, pero nosos país dinnos que se quedamos despertos non traerán nada, así aínda temos medo e cerramos os ollos sen sono.
Un día cando nós queramos ir a fóra, saes e ves a un puro Nadal, ves un inverno, ves unhas luces preciosas, ves o que noutras épocas non ves.
É con todo iso dito, desexovos a todos e todas un: Bo Nadal!
 
O dito, e xa dun xeito máis persoalizado, como din na miña terra: Felis Navidá! J
 
 
 
 

domingo, 15 de decembro de 2013

Caendo derrotado

Unha sensación agridulce, gris por onde a mires, mostrando a cara que nunca queres ver. A sensación de derrota só pode ser expresada polos que, alguna vez, caeron derrotados.

Inevitablemente cando alguén gaña, outro perde. Sempre foi así e, a pesar de poder sacar o positivo, a sensación que che produce queda aí, intercalada no medio de ti, recordándocho en cada instante, como un ir e vir na túa cabeza.

Cando se trata nun equipo ou nun grupo de xente, é máis fácil lévalo. Apóianse uns aos outros e a derrota sempre é de todos.

Pero, como isto non se trata só dun caso deportivo nin colectivo, cando só se trata de ti, das túas propias leis persoais, cando sabes que poderias facelo mellor, e miras ao teu arredor vendo que outros si puideron dis: Por que eu non? Por que non fun capaz?
Podes chegar a dubidar de ti, a túa consciencia segrega un montón de pensamentos incontrolados e as túas gañas de sair correndo, berrando, chorando incrementan a cada paso.

Pero é aí, cando alguén che levanta a cabeza, animándoche, dándoche a ver que o lograrás a próxima vez e que, non hai tal crisis para unha vida chea de voltas e sucesos. A pesar de todo, sabes que o tempo cura todo e guiarache polo teu camiño, pero nese momento sabes que estás así, caéndo derrotado.

mércores, 25 de setembro de 2013

As Apariencias

Dende sempre tense a manía de prexuzgar a xente polo seu aspecto.
Encántanos criticar, mirar e analizar cada detalle, atopando defectos…
E cando se conoce máis profundamente , estes convértense en virtudes.

Sempre se ve o lixo no ollo axeno.
Quizás o problema estea nas modas, quizás estea na nosa mentaliade ou incluso na nosa educación… pensó que é un problema da sociedade.
Teríamos que aceptar que cada un, é como é, tal e como é: Se é gordo ou delgado, se viste de negro ou de cores, se ten o pelo castaño ou verde…

Porque a personalidade ao final atópase no máis profundo fondo, incluso moita xente non sabe nin como é. Para coñecer a unha persoa moi ben fai falta moitísimas horas de convivencia continua.
O de fóra, como outras veces dixen, é un simple envoltorio do cal podemos presumir de moitísimas maneiras pero nunca lle gañará ao caramelo.
Aquela persoa que se aguanto una súa liña, pasando do que lle dixeran, esa persoa recibe a miña máxima enhoraboa

Non podes quedarte prisioneiro do que van a decir porque senón nunca serás ti.

luns, 10 de xuño de 2013

Unha de contos (2)


Sempre recordarei ese día, non só polo que sucedeu, senón polo que supuxo. Xa case era hora de cear, os raios de sol cada vez eran máis débiles e as montañas estaban a punto de tapalo completamente.
Eu estaba entrenándome para unha “loita de paus” (tratábase dun enfrontamento cun pau longo entre dous guerreiros para poder ser, nun futuro, grandes combatentes), cando recibín un golpe e caín ó chan. Na miña cabeza, no meu interior, despois dese día sempre estaría presente unha voz, aquela voz grave e forte dicíndome, sempre, que xamais me rendira, que perder non significa que o xogo remate senón unha nova oportunidade para volver a empezar. Que caer implica levantarse e que rendirse implica cobardía.
Nese intre, sen saber que facer nin como actuar, puiden sentir unha man fría pero, ao mesmo tempo, cálida sobre o meu ombreiro.  Si, era el.
Como non, aínda recordo  esa conversa, eu era un neno alto e delgado e el, el era un home dos pes á cabeza, un guerreiro ao cal admirabamos e todos desexabamos ser como el, pero a vida non llo puso fácil e tivo que loitar e sufrir a pesar de que todo aquilo o levase por dentro. Loitou contra grandes cabaleiros os cales, naqueles tempos, parecían invencibles, apoderouse das máis fermosas terras pola súa implicación no traballo, conseguiu que todas as doncelas suspiraran ao velo pasar. Con tan só dez anos, xa percorrera máis da metade do noso territorio en busca de aventuras e, o máis importante, sempre foi cá verdade por diante facéndose  cargo dos seus actos o que demostraba que detrás dese aspeto frío e serio, se escondía unha grandísima persoa.
Cando eu cría que non había nada polo que loitar, que todas as esperanzas estaban perdidas, el abriume os ollos e axudoume a convertirme no home que hoxe en día son, Edmum Baller, cabaleiro da mesa redonda. Antes, un simple plebeio, agora un guerreiro,  e grazas as súas  palabras:
- Neno, a todo o mundo lle gustaría que llo entregaran en bandexa,  pero a vida, grazas   a Deus, non é así. Sería todo moi aburrido, non cres? Non habería nada polo que loitar. Haberá momentos bos e malos, incluso algúns nos que te preguntes por que estás aquí,  pero cando estás aí e non sepas que facer, nin por que pelexar, recorda:  tras as nubes o ceo sempre é azul.
Esa frase, quedoume grabada coma lei de vida, e a partir dese día conseguín ser feliz, porque a felicidade está nas pequenas cousas, nos pequenos detalles. A felicidade pode estar en mil sitios esperando a ser atopada. Nese día comprendín, que non todo é tan malo como parece que depende da túa actitude e pensar sempre en positivo, a base está na  mente.
E recordar sempre, que a persoa máis importante da túa vida, eres ti!

 

venres, 31 de maio de 2013

Intervención creativa


Nalgún momento dámonos conta, hai algo que non gusta, que nos parece inxusto e que desexamos cambiar.
Ao mellor, pensamos que a solución máis fácil é revelarnos, de tal maneira, indo contra “ese algo”.
E outras veces incluso pensemos que non hai solución pero… ESTAMOS EQUIVOCADOS.

 

Todo ten solución, se algo se quere, está nas nosas mans cámbialo.
Mentres que uns se tiran bombas, utilizan o medo, e intentan solucionalo con armas mediante unha guerra, nos temos a posibilidade de facelo doutra maneira.

Principalmente, mediante o diálogo: unha palabra, unha frase ou un discurso, todo di. O silencio, tamén fala, pero cando estes factores non funcionan, é o momento de actuar.

Actuar con cabeza, dunha forma ordenada, cos pés sobre a terra, pensando que todos somos un. Se cada un vai polo seu lado, de nada servirá, isto ten que ser unha unión, un equipo.

Moita xente chamaralle REVOLUCIÓN,pero eu prefiro chamarlle INTERVENCIÓN CREATIVA.



Unha intervención creativa é calquer cousa que ti poidas aportar, é buscar algo orixinal e que non pase desapercibido, trátase de facer reaccionar a outras persoas ou polo menos, demostrarle que estamos aí, que, aínda que non nos escoitan, sempre nos notarán.
E disto se trata, xuntos somos a RESISTENCIA, a revolución, sós, somos paxaros sen cabeza correndo por tódolos lados sen unha meta que alcanzar.

venres, 6 de xullo de 2012

Os sentimentos a través dos sentidos

O olor dunha habitación, dun libro vello, dun perfume…
A visión dunha foto antiga dos teus debuxos preferidos, dunha paisaxe…
Oír esa canción, aquela voz coñecida, un grito de guerra…
Mediante o tacto: abrazar a unha persoa querida, acariciar a cara suave dun bebé, palpar un obxecto…
Distinguir a través do gusto distintos sabores que nos rodean.
E cos cinco sentidos xuntos ou separados obtemos os sentimentos.
Aquela sensación que che dá cando ules a unha persoa determinada, cando ves unha foto de cando eras pequeño, cando escoitas o sonido do mar chocando contra as pedras, cando tocas un instrumento ou cando saboreas unha comida.
A maioría das veces non nos percatamos de que en cada acción transmitimos un sentimento, só cando son fortes e che recorren o corpo todo ata chegar ao corazón.
Non se trata dun amor nin nada diso, senón de algo que non se pode explicar con palabras, sobretodo cando recordas algo do pasado, cando ves aqueles debuxos de cando eras un cativo ou cando escoitas a voz de alguén que non ves fai moito tempo.
Unha vez leín que os sentimentos son pensamentos, ainda que eu non creo que sea iso, simplemente, algo inesplicable.