Sete da mañá, sona o espertador de tódolos días, roupa preparada e almorzo. Unha longa xornada comeza. Nervios nada máis entrar pola porta antes do exame de mates, un abrazo de calma, recreo pero con estudio. Volta a casa, comida en familia. A miña pequena "cova" espérame,,,libro na man, letras, números, reis e gobernadores, autores, cromosomas e lípidos, sulfitos e enlaces covalentes, "solo sé que no sé nada", rectas perpendiculares e paralelas ao plano. Un senfín de cousas... Bici ou correr para despexar a mente e volta ao traballo...
Empecei esta viaxe porque creo que todo pode ser mellor,
un desafío que non é só para xente con altas capacidades, senón para xente coma
min, coma nos, os que loitamos por unha nota.
![]() |
By me |
Unha experiencia que marcará as nosas vidas xa que forma parte de gran parte dela. Quédome con toda a xente que me atopei neste camiño, especialmente os profes da Ponte e os compañeiros, e agora amigos de Vimianzo. Risas, choros, nervios, algún que outro enfadiño, eses momentos antes dun exame, as escapadas, as bromas, as manías de cada un…
Pase o que pase, saque a nota que saque, incluso aprobe ou non (maloserá Xd)
eu xa logrei o meu éxito. Estou orgullosa de min como o estamos a maioría, xa que o esforzo de todos estes anos e en especial neste curso, xa están plasmados. Agora, é o momento de empezar un novo camiño! ;)
eu xa logrei o meu éxito. Estou orgullosa de min como o estamos a maioría, xa que o esforzo de todos estes anos e en especial neste curso, xa están plasmados. Agora, é o momento de empezar un novo camiño! ;)
Agora ben, parece inxusto que todo ese esforzo plasmados xa nuns resultados teñan que ser sometidos.
Aínda que así foi e así pode que seguirá e moito peor agora con esa nova lei que se quere establecer,,, en vez de progreso e ir avanzando parece que retrocedemos... donde solo os máis ricos podían e o resto convertidos en peóns,,,unha pena!
Pero xa haberá tempo de falar de todo...
Agora, regresamooos…
A ledicia que nos invade é como mínimo inconmensurable.. aquí estamos! Pero esa autoestima (xente "coma min") a noto algo baixa ou é só o aire fresco da mañanciña camellense?
ResponderEliminarE vaia remate!!!!!!!