Moitos seguen
esta teoría, certa nalgunhas ocasións pero enganosa a veces.
Pódese coñecer
como é esa persoa tan só mirándoa? Mostran nos seus ollos o máis profundo dela?
Ou tan só é un falar sen máis? Un prexuízo asqueroso que non leva a ningures?
A fin e ao cabo é
o primeiro que se ve dunha persoa antes da conduta. Esa primeira impresión que
deixa un xesto, unha sonrisa ou o ceño frunxido. Como te definirías cunha
expresión? Correspóndese coa túa personalidade? Pode que aí estea a resposta!
![]() |
By me |
O certo é que nos
guiamos por iso. O primeiro entra polos nosos ollos, esa imaxe é a que
permanecerá con nos ata un posible reencontro con esa persoa. Ese encontro ou
momento que dea opción de coñecela, agora si, interiormente. Quizais tivera un
mal día e por iso esa cara, ou un bo, quen sabe? Moitas opcións para algo tan
abstracto e difícil de descubrir como é a personalidade de cada un.
Sabes que tes un tercio de cara moi sabroso... e resulta curioso notar como se vai diluindo aquel rostro de anxo (lembras? saiume sen querer!!) de principio da secundaria...e, que conste, que non estás mudando en demo... só indico que se vai perdendo "aquela inocencia"...
ResponderEliminarE, por certo, a ter en conta que o teu profe de natu diría algo así como "espello do cerebro", pero...