mércores, 6 de agosto de 2014

A INFANCIA

A chegada do verán faime recordar unha etapa da vida moi apreciada por todos: A infancia.
Ver aos nenos correndo dun lado ao outro, berrando, saltando…

 Algo que non se pode negar é que todos domos nenos.
Con maior ou menos claridade recordamos aqueles momentos que nos marcaron dalgunha maneira.

Cando un é neno non ten tempo para preocupacións, só importa xogar, estar cos teus amigos, pasalo ben… As aparencias, o futuro, ser bo, comportarse ben…todo iso non importa.

 Sen entender por que, todos teñen unha gran enerxía, recorrer o mundo se fai falta, están activos as 24 horas do día.

 
Os enfados, os choros… non teñen importancia: “Marco pegoume”, “caín da bici”, “Non quero comer”.
É un mundo a parte, paralelo ao ser adulto.
As veces miro para un neno e pregúntome…En que adulto se converterá? Esta rapaza resultará unha boa estudiante e decidida?? Ou será rebelde e insegura? O mesmo cando miro para un adulto e digo…Que queda nel do neno que foi? Como sería?
Moitas preguntas cunha resposta directa ou futura… Como dirían os máis vellos (e sen ofender a ninguén): Éche lei de vida!!


2 comentarios:

  1. Resulta curiosa esta entrada, xa que nestes momentos, simboliza a situación dun grupiño de xente que "volvera á infancia"... en fin, como din x aquí, éche o que hai!

    ResponderEliminar
  2. E a curiosidade polo mundo, novos descubrimentos.Ai de aquel que perda ese afán!

    ResponderEliminar