sábado, 3 de maio de 2014

O futuro é hoxe

Sempre estamos pensando no futuro. En todas aquelas cousas que poden suceder, en que nos converteremos, que seremos…

Moitas veces pensamos que o importante pasará no futuro.

Temos dubidas nas decisión, medo polo que poida influír nun determinado momento, pero, que é o futuro?
Simplemente tempo.

Cortou ou longo, no cal poden suceder calquera cousa. O noso presente é quen nos marca as pautas, os actos de hoxe en día depararán ó futuro pero, realmente hai que preocuparse tanto?

 
Poñemos demasiada importancia no futuro, demasiada responsabilidade. Deberiamos por ser felices agora, dar o paso se o cres necesario ou negarte a facer algo pero só porque o sintas nese momento e non pola influencia que teña no futuro, xa que o único certo é que o futuro é incerto.
Está ben mirar por un mesmo, está ben preocuparse por un, pero máis importante é vivir o día a día e disfrutar de cada momento.

xoves, 1 de maio de 2014

Deja vu

Ou paramnesia é a experiencia de sentir que se foi testigo ou que se experimentou previamente unha situación nova.

Así é a teoría do deja vu, pero eu intento buscarlle un sentido máis aló.
Un deja vu é aquela sensación rara que sentes cando cres haber vivido algo que está sucedendo nese momento, é unha revolución nos teus sentidos que fai cuestionarte a verdadeira natureza da vida. A caso non se di que estamos a vivir sempre o mesmo? Non sería isto unha proba desta teoría?

 
Unha vez máis, a historia repítese, estamos vivindo inconscientemente nun eterno deja vu, a nosa rutina. Esa que sempre é igual: chegar a casa e o primeiro que ves é aquela figura que che regalaron, ir para o traballo e escoitar ao teu compañeiro, entrar na clase e atoparte cos teus amigos… as mesmas escenas, repítense.
 Pero para todo isto, a solución non é tan complicada, só hai que romper a burbulla onde vivimos, saírse do guión marcado, tocar unha canción nova, rodar coa vida experimentando novas sensacións, novos desafíos… para que a vida non sexa un eterno deja vu, borrón e conta nova.

mércores, 16 de abril de 2014

Unha para reflexionar

Non importa de que lado esteas: se cres que Deus é o creador de todo e polo tanto da natureza; ou se cres que todo vén por unha “gran explosión”.
O caso é que todo está feito, está aí.

Dende os seres máis primitivos, como os poríferos; ata os máis complexos, o ser humano. Cada puño de herba ata unha gran selva.
Toda a nosa natureza, chea de vida. A cantidade de temas que envolve…

Pero é todo o que nos rodea natureza??



Ao longo da historia da humanidade, esta viuse modificada polo home de diferentes e sorprendentes maneiras que converten o natural nun algo máis artificial.
O mar, pide a berros recuperar o seu lugar, iso estámolo vendo. Unha paisaxe debería envolver un todo natural, non material.
Pero é un tema moi complexo que nos obriga a adentrarnos  máis na orixe do noso mundo, no seu comezo, e nos sucesos e cambios de vida que viron evolucionar ou avanzar na historia.

Suponse que, para vivir mellor, necesítanse casas. Para investigar, necesítase da ciencia e dos seus experimentos. É aquí a cuestión: todo iso, considérase unha explotación da natureza ou simplemente unha maneira de evolucionar?

Analizarémolo máis a fondo! ;)

domingo, 23 de febreiro de 2014

Unha de preguntas (4)

Con, ou sen un destino marcado?

Moitos, aseguran que existe un destino marcado para cada persoa dende que nacemos.
Que fagamos o que fagamos non vai influír xa que xa son os actos que nos van a levar a ese final marcado.
Que unha forza estraña nos leva por tal camiño.

 
 En cambio, outros prefiren pensar que ese camiño o facemos nos cada día.
“Se o destino estivera escrito, xa tivera lido o libro, en vez de esperar á película” lin unha vez.
Día tras día, nos mesmos facemos o noso destino. E sempre dependerá de un mesmo.
 Só é cuestión de opinión. Cada un que pense da súa maneira. E ti, de que bando estás?