Esta película do 2002 está escrita e dirixida por Kurt Wimmer, un director pouco
coñecido pois a súa produción é escasa. Está protagonizada por Christian Bale
que, dende o meu punto de vista, acerta con este papel. (Tráiler por aquí)
É unha película de ciencia ficción, thriller e acción. Pero a min gústame
destacala como unha distopía. Xénero que me gusta especialmente.
Basicamente a trama vai sobre o establecemento
dun réxime totalitario futurista no que, tras a terceira guerra mundial,
deciden suprimir o foco que, segundo o argumento, é o causante das guerras
neste mundo, e isto son os sentimentos. É dicir, está prohibido sentir e con isto, todo o que poda producir sentimentos:
libros, música, arte, etc.
O punto de inflexión na trama non tarda en
chegar e prodúcese cando o protagonista se da conta de que o seu mentor rompe
as normas lendo un libro. isto produce nel un conflito e de aí comeza a
cuestionarse sobre a vida en Equilibrium
Algo que se repite e que finalmente é
importante na película é a toma dun soro que todos os habitantes deben tomar
para, evidentemente evitar sentir.
O uso do color
vai bastante acorde coa atmosfera que se presenta. A película é escura, con
pouca iluminación que comeza a nacer contra o final. O vestiario acompaña este
detalle e deixa dende o principio que cargo ocupa cada personaxe. Os ángulos
sitúannos ben no lugar onde se producen os feitos: dende os planos xerais que
mostran Equilibrium, ata os primeiros
planos para ver a expresión do protagonista.
A película non conta con grandes efectos especiais, mais as coreografías
están moi ben executadas e déixante en tensión.
A representación dos personaxes paréceme moi acertada. Durante toda a película crinme o
estado no que se sentía o protagonista. A expresión seria de Christian Bale
durante a película e o seu espertar a min, como espectadora, gañoume.
É certo que, ao non ver esta película en
versión orixinal, pérdome bastante da actuación dos personaxes. Caso que sempre
sucede pois, unha parte esencial da actuación dun actor ou actriz é a voz e
como a expresa. Debería comezar a ver as películas na súa versión de orixe. Próximo propósito.
Non destaca unha banda sonora, tan só o principio para presentarnos a trama, mais
destaca un cacho dunha peza de Beethoven
nun momento importante da película, pois recordamos que a música, e todo tipo
de expresión artística, estaba prohibido.
Moitos comparan esta película con “The Matrix”. Eu non a vin, téñoa
pendente na lista, mais o argumento e punto importante non vexo que teñan moito
que ver, pois se mal non entendín, The
Matriz fai alusión á tecnoloxía, e Equilibrium,
como estou contando, céntrase nos sentimentos.
Pois ben, esta película penso que da para
pensar bastante e comentala. Con tan só pensar nun mundo sen sentimentos xa da
pé a un debate. Sería posible un mundo onde ninguén sentira nada? Non sería ao
fin, un mundo de humanos sen humanidade? Algo que nos diferencia e que nos
caracteriza como seres humanos é a complexidade dos sentimentos.
Imaxínate un mundo onde as relacións entre as
persoas son tan só por simple continuidade, ter sexo tan só para procrear e
manter a familia co fin de “crear persoas”. Imaxínate un mundo onde ninguén
sabe de nada, onde tan só se fai o que os de arriba manden.
Por dicir algo que “non me gustou” foi o
final. Sen facer spoilers, o final
deixa bastante que desexar pois non se sabe que pasa despois, nin hai unha
conclusión sobre a trama, o cal enriquecería moito máis a película.
E por último...
Opinión
e reflexión persoal:
Gustoume moito esta película. Entretenche
durante todo o seu transcurso e, aínda que sexa un final “esperado”, déixache
en tensión ata o seu remate.
A idea dun mundo sen sentimentos paréceme moi
orixinal e que da para falar bastante. Sería algo así como, un mundo dominado
por humanos pero sen algo que nos identifica como tal.
Sobre recursos escénicos non podo comentar
demasiado porque non teño moita idea disto, pero penso informarme e comentalo
en futuras películas.
Quero facer fincapé, unha vez máis no tema
central. Esta película, é totalmente ficción ou hai algo de realidade?
Na sociedade actual, existen métodos para
controlar, de algunha maneira os sentimentos, sobretodo os malos sentimentos.
Existen libros psicolóxicos que che din que podes obter o desexado tan só
proxectándoo ao universo co fin de non producir emocións negativas. Illando
dalgunha maneira aquilo que nos afecta. Eu relaciono isto, de certa maneira, coa crenza de certas enerxías. Pero disto
falarei en próximas entradas.
Nos traballos, a veces, mandan aos empregados
a talleres de emocións para xustificar as condicións polas que están pasando e
tratar de agarralos aos seus ideais.
De feito, o exemplo máis claro son as
pastillas antidepresivas, creadas para influír nas emocións das persoas.
Búscase unha solución con algo antinatural cando a solución na maioría das
situacións está na actitude. En vez de superar o que non lles gusta ou non lles
fai feliz, acabando tomando algo que realmente lles causa outros efectos, a
veces peores.
Con isto non quero dicir que é malo ser
positivo senón que hai que mirar o que
nos fai infelices e cambialo.
Finalmente, sorpréndeme que esta película non
tivera máis transcendencia da que tivo, pois se mal non me informei, ata non
hai moito non estaba traducida ao español, e en América a penas foi comentada.
Ao fin e ao cabo, a maior ou menor fama das películas ao fin e ao cabo está un
pouco manexada por intereses. Hai grandes películas que, sen presentar unha
escenografía espectacular, a idea é realmente boa. Unha pena que non estean
todas no mesmo saco.
Gustoume moito empezar esta sesión. Creo que
seguindo esta liña vou comentar e recomendar moitas películas que lle vexa
algún tipo de interese. Obviamente non é unha crítica súper producida pero
tratarei de mellorar na miña forma de comentalas.
Ata a seguinte entrada...
O Mundo
de Saturno
Por certo...que me olvidei de comentar! Ese soro que teñen que tomar para evitar sentir é similar ou eu diría case o mesmo que o "soma" do que fala Aldous Huxley no seu mundo feliz , de feito, esta película pode ter "certa relación" con este libro que, personalmente, recomendo!
ResponderEliminarCarai, onde quedaron os CA daqueles tempiños! Curiosamente a volta do blog está moi ligada á época de "love bussines" que nos toca vivir en febreiro. Eu ando a voltas coa intelixencia emocional...
ResponderEliminarA nova ubicación da Laura nótase moi madura e elaborada (vese polas ligazóns de todo tipo!)... seguiremos en contacto.
Os CA sempre están por aí...e quizais volvan así "de refilón"!
EliminarSobre intelixencia,seguirei falando ;)