- Porque é un dos meus preferidos
- Porque espero que sexa un ano doce, pero doce natural (o da laranxa)
- Porque sirve para todas as épocas do ano
- Porque é equilibrado e saudable
- Porque é moi fácil de facer
- Porque me apetece
INGREDIENTES
-
3 ovos- 250g de azucre
- 70ml de aceite
- 170g de fariña
- 1 sobre de lévedo
- 1 laranxa (ou dúas para maior intensidade)
- Opcional: un iogur natural
ELABORACIÓN:
1º Previamente lavamos a laranxa e reservámola
para despois
2º Mesturamos os ingredientes: os ovos, o
azucre, o iogur (se decidiches empregalo), o aceite, a fariña e o lévedo.
3º Raiamos a laranxa e sacámoslle a parte
branca para evitar o amargor. Logo esprememos e batemos todo co batedor. * Hai
quen prefire poñer a laranxa enteira, mais creo que se ten demasiada pel daralle
amargor ao biscoito. 4º Unha vez tido todo mesturado, recubrimos o recipiente con manteiga, ou fariña e aceite ou papel vexetal, e deixamos no forno a 180 graos durante 25-30 minutos.
![]() |
Decoreino con cachos de galleta |
A LARANXA:

É unha froita ideal para o verán, pois contén moita auga e nutrientes que nos refrescan e dan enerxía.
Entre os seus beneficios e propiedades
atopamos as seguintes:
-
A que case todos saben: conta
cunha importante cantidade de Vitamina C
-
Axuda a controlar os niveis de
colesterol alto, á vez que tamén a presión arterial
-
Son ideais para dietas de adelgazamento,
xa que aporta poucas calorías.
-
Regula os niveis de glicosa.
Se nos deixamos levar polos ollos ten unha pinta excelente!!!
ResponderEliminar