xoves, 1 de maio de 2014

Deja vu

Ou paramnesia é a experiencia de sentir que se foi testigo ou que se experimentou previamente unha situación nova.

Así é a teoría do deja vu, pero eu intento buscarlle un sentido máis aló.
Un deja vu é aquela sensación rara que sentes cando cres haber vivido algo que está sucedendo nese momento, é unha revolución nos teus sentidos que fai cuestionarte a verdadeira natureza da vida. A caso non se di que estamos a vivir sempre o mesmo? Non sería isto unha proba desta teoría?

 
Unha vez máis, a historia repítese, estamos vivindo inconscientemente nun eterno deja vu, a nosa rutina. Esa que sempre é igual: chegar a casa e o primeiro que ves é aquela figura que che regalaron, ir para o traballo e escoitar ao teu compañeiro, entrar na clase e atoparte cos teus amigos… as mesmas escenas, repítense.
 Pero para todo isto, a solución non é tan complicada, só hai que romper a burbulla onde vivimos, saírse do guión marcado, tocar unha canción nova, rodar coa vida experimentando novas sensacións, novos desafíos… para que a vida non sexa un eterno deja vu, borrón e conta nova.

mércores, 16 de abril de 2014

Unha para reflexionar

Non importa de que lado esteas: se cres que Deus é o creador de todo e polo tanto da natureza; ou se cres que todo vén por unha “gran explosión”.
O caso é que todo está feito, está aí.

Dende os seres máis primitivos, como os poríferos; ata os máis complexos, o ser humano. Cada puño de herba ata unha gran selva.
Toda a nosa natureza, chea de vida. A cantidade de temas que envolve…

Pero é todo o que nos rodea natureza??



Ao longo da historia da humanidade, esta viuse modificada polo home de diferentes e sorprendentes maneiras que converten o natural nun algo máis artificial.
O mar, pide a berros recuperar o seu lugar, iso estámolo vendo. Unha paisaxe debería envolver un todo natural, non material.
Pero é un tema moi complexo que nos obriga a adentrarnos  máis na orixe do noso mundo, no seu comezo, e nos sucesos e cambios de vida que viron evolucionar ou avanzar na historia.

Suponse que, para vivir mellor, necesítanse casas. Para investigar, necesítase da ciencia e dos seus experimentos. É aquí a cuestión: todo iso, considérase unha explotación da natureza ou simplemente unha maneira de evolucionar?

Analizarémolo máis a fondo! ;)

domingo, 23 de febreiro de 2014

Unha de preguntas (4)

Con, ou sen un destino marcado?

Moitos, aseguran que existe un destino marcado para cada persoa dende que nacemos.
Que fagamos o que fagamos non vai influír xa que xa son os actos que nos van a levar a ese final marcado.
Que unha forza estraña nos leva por tal camiño.

 
 En cambio, outros prefiren pensar que ese camiño o facemos nos cada día.
“Se o destino estivera escrito, xa tivera lido o libro, en vez de esperar á película” lin unha vez.
Día tras día, nos mesmos facemos o noso destino. E sempre dependerá de un mesmo.
 Só é cuestión de opinión. Cada un que pense da súa maneira. E ti, de que bando estás?

sábado, 15 de febreiro de 2014

Imposible olvidar

Como se pode olvidar? Non recordando, contestarán moitos.

Cando queremos olvidar algo o que se busca é unha distracción, algo que che faga pensar en outra cousa, é dicir, tratar de non recordar.

Aí pode estar a clave, pero, realmente, pódese olvidar algo completamente?
Unha imaxe, un son, un aroma,,,,digamos que che despertan un record que creías olvidado pero que segue aí.

Para conseguir olvidar tales cousas teríanse que anular os sentidos.
Por iso está a imposibilidade de olvidar,,, os recordos pódenseche nublar, pero nunca olvidarás algo que causou algo en ti.
Por exemplo: Se digo, pensa nun elefante rosa… agora, olvídate del.




 

Cando eu che pregune que pedín que olvidaras, a imaxe dese elefante volverá a túa mente, é dicir, non quedou olvidado.
Ao fin e ao cabo, os centos e miles de recordos que nos envolven, son os que nos fan ser o que somos: as experiencias vividas.

Tanto os recordos bos coma os malos quedarán, eternamente, dalgunha maneira, xa sexa nítida ou difusa, pero quedarán na túa cabeza, no teu corazón.