venres, 10 de febreiro de 2017

Volver a Comezar

Cantas veces nos puxemos a pensar en comezar algo novo? Non importa o que...dende unha dieta ata asistir a clases de inglés. E cantas veces acabamos pasando de facelo?

Hoxe quero falar sobre a importancia de volver a comezar, de volver a animarse a facer algo que non conseguimos con anterioridade, pero que por sorte...pódese volver a internar.

Como en case todo, comezar é fácil, o difícil é manterse nesa rutina, manterse facendo ese algo que á larga (ou xa no momento) che vai facer ben.

Non conseguilo non quere dicir unha derrota, non quere dicir que se acabou “por sempre xamais”. Quere dicir que, tal vez, non era o momento ou non nos sentíamos motivados para conseguir X obxectivo.

O ser humano ten a posibilidade de producir cambios en si mesmo e  no que nos rodea polo que está no noso poder. Está no noso poder, e sempre que caiba dentro das nosas capacidades, empezar algo e rematalo (ou continualo) con éxito.

Creo que se algo se desexa fortemente sempre se pode conseguir. Tan só hai que imaxinar o final e sobretodo, se isto che fai feliz. Porque as nosas accións ao fin teñen unha finalidade, a finalidade de completarche como persoa, é dicir, facerche feliz.

A veces perdemos demasiado tempo en cousas que non valen a pensa, e ao fin e ao cabo dáste conta de que son parte da vida. Cantas veces perdemos o tempo indo en bus? Tiradas na cama? En clase sen atender? Con amigos atendendo o móbil?, etc. Infinidade de momentos... pero son parte da vida e algunhas podemos cambialas ou atopar alternativas.

Comezar de novo para saír vitoriosa na nova proposta, comezar para facerte sentir ben, para completarse.

Volver a comezar con esforzo, con ilusión, con ganas, con vistas a un futuro, con sentimentos positivos.

Comezamooos.......DE NOVO!

O mundo de Saturno

2 comentarios:

  1. E cantas veces terás que pensar "xa está o Pepiño outra vez coas súas"... pero o que conta é "o que de Pepiño vai quedando en ti"... creo que tes boa base para dedicarte a ser educadora... a ver que te parece a frase do Leonard do remate desta canción... https://youtu.be/WqVy0Az6XAk

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois sabias palabras as de Leonard, aínda que a canción fala de traicionar una misión eu quixera reflexar que, se antes non o intentas, nunca poderás asumir un posible fracaso ou, pola contra, vitoria.
      O valor de saír ben da situación na que te atopas, sexa esta negativa ou positiva (porque tamén hai que saber levar ben os triunfos) é algo fundamental no momento en que te propoñes a facer/cambiar/intentar algo.

      Por certo, gustoume moito a voz da cantante. Especialmente especial! ;)

      Eliminar