Moitos seguen
esta teoría, certa nalgunhas ocasións pero enganosa a veces.
Pódese coñecer
como é esa persoa tan só mirándoa? Mostran nos seus ollos o máis profundo dela?
Ou tan só é un falar sen máis? Un prexuízo asqueroso que non leva a ningures?
A fin e ao cabo é
o primeiro que se ve dunha persoa antes da conduta. Esa primeira impresión que
deixa un xesto, unha sonrisa ou o ceño frunxido. Como te definirías cunha
expresión? Correspóndese coa túa personalidade? Pode que aí estea a resposta!
![]() |
By me |
O certo é que nos
guiamos por iso. O primeiro entra polos nosos ollos, esa imaxe é a que
permanecerá con nos ata un posible reencontro con esa persoa. Ese encontro ou
momento que dea opción de coñecela, agora si, interiormente. Quizais tivera un
mal día e por iso esa cara, ou un bo, quen sabe? Moitas opcións para algo tan
abstracto e difícil de descubrir como é a personalidade de cada un.