mércores, 14 de agosto de 2013

Salvando á Humanidade. O Aliado

Todos vivimos no mesmo mundo, todos temos a nosa disposición a natureza e todos, suponse, que temos o mesmo obxectivo: vivir.
Pero sen embargo vemos actos inexplicables, actos vacios, cheos de odio e oscuridade, actos que mellor non nomear.
Pero se a creación foi un acto violento, caótico. Por que lle vamos pedir á humanidade que non o sexa?

 
Os seres humanos son seres extranos, moi particulares e especiales que poden facer estalar centos de reaccións, que en moitos casos, no lugar de buscar a felicidade, provócanse a sí mesmos e aos que lles rodean, todo o contrario.
É inexplicable, é absurdo, pero está aí, pasando constantemente…
Buscando ese algo que o outro ten, intentando ridiculizar, facéndose dano a sí mesmos, xogando cos demais, tratando de cambiar algo que non lles afecta…
Vidas valeiras de vida, cheas de oscuridade sumerxidas no máis profundo vacío.
Pero será posible cambialo? Haberá un algo que os faga cambiar? Será unha maneira de chamar atención, de pedir axuda?
Será que necesitan un Aliado?


martes, 13 de agosto de 2013

O regreso

O regreso é algo significativo, algo que nunca pasa inapercibido.

O regreso de alguén querido, o regreso de algo inolvidable, o regreso dun momento de gloria…
Quen regresa, algo quere, algo espera.

A moitos alegraralles, a outros non lle chistará e a algún non lles importará.

Nun regreso sempre hai reacción, xa que é unha acción, un acto imborrable que nalgúns casos sorprende, e noutros espera.
Un regreso pode ser agradable, sorprendente, fastidioso…

Trátase de buscar reaccións, é a volta “dun algo” que xa pasou e que, ás veces, nin tempo lle dou.
E nalgúns casos, o que se necesita, é que alguén que significou moito e acabou en nada, regrese, aínda que sexa cun simple perdón facéndoche sentir e dándoche que pensar.

O regreso surge dando resultados positivos ou negativos producindo cambios.
Eu só espero que este regreso, sexa bo.

Regresando...

luns, 10 de xuño de 2013

Unha de contos (2)


Sempre recordarei ese día, non só polo que sucedeu, senón polo que supuxo. Xa case era hora de cear, os raios de sol cada vez eran máis débiles e as montañas estaban a punto de tapalo completamente.
Eu estaba entrenándome para unha “loita de paus” (tratábase dun enfrontamento cun pau longo entre dous guerreiros para poder ser, nun futuro, grandes combatentes), cando recibín un golpe e caín ó chan. Na miña cabeza, no meu interior, despois dese día sempre estaría presente unha voz, aquela voz grave e forte dicíndome, sempre, que xamais me rendira, que perder non significa que o xogo remate senón unha nova oportunidade para volver a empezar. Que caer implica levantarse e que rendirse implica cobardía.
Nese intre, sen saber que facer nin como actuar, puiden sentir unha man fría pero, ao mesmo tempo, cálida sobre o meu ombreiro.  Si, era el.
Como non, aínda recordo  esa conversa, eu era un neno alto e delgado e el, el era un home dos pes á cabeza, un guerreiro ao cal admirabamos e todos desexabamos ser como el, pero a vida non llo puso fácil e tivo que loitar e sufrir a pesar de que todo aquilo o levase por dentro. Loitou contra grandes cabaleiros os cales, naqueles tempos, parecían invencibles, apoderouse das máis fermosas terras pola súa implicación no traballo, conseguiu que todas as doncelas suspiraran ao velo pasar. Con tan só dez anos, xa percorrera máis da metade do noso territorio en busca de aventuras e, o máis importante, sempre foi cá verdade por diante facéndose  cargo dos seus actos o que demostraba que detrás dese aspeto frío e serio, se escondía unha grandísima persoa.
Cando eu cría que non había nada polo que loitar, que todas as esperanzas estaban perdidas, el abriume os ollos e axudoume a convertirme no home que hoxe en día son, Edmum Baller, cabaleiro da mesa redonda. Antes, un simple plebeio, agora un guerreiro,  e grazas as súas  palabras:
- Neno, a todo o mundo lle gustaría que llo entregaran en bandexa,  pero a vida, grazas   a Deus, non é así. Sería todo moi aburrido, non cres? Non habería nada polo que loitar. Haberá momentos bos e malos, incluso algúns nos que te preguntes por que estás aquí,  pero cando estás aí e non sepas que facer, nin por que pelexar, recorda:  tras as nubes o ceo sempre é azul.
Esa frase, quedoume grabada coma lei de vida, e a partir dese día conseguín ser feliz, porque a felicidade está nas pequenas cousas, nos pequenos detalles. A felicidade pode estar en mil sitios esperando a ser atopada. Nese día comprendín, que non todo é tan malo como parece que depende da túa actitude e pensar sempre en positivo, a base está na  mente.
E recordar sempre, que a persoa máis importante da túa vida, eres ti!

 

venres, 31 de maio de 2013

Intervención creativa


Nalgún momento dámonos conta, hai algo que non gusta, que nos parece inxusto e que desexamos cambiar.
Ao mellor, pensamos que a solución máis fácil é revelarnos, de tal maneira, indo contra “ese algo”.
E outras veces incluso pensemos que non hai solución pero… ESTAMOS EQUIVOCADOS.

 

Todo ten solución, se algo se quere, está nas nosas mans cámbialo.
Mentres que uns se tiran bombas, utilizan o medo, e intentan solucionalo con armas mediante unha guerra, nos temos a posibilidade de facelo doutra maneira.

Principalmente, mediante o diálogo: unha palabra, unha frase ou un discurso, todo di. O silencio, tamén fala, pero cando estes factores non funcionan, é o momento de actuar.

Actuar con cabeza, dunha forma ordenada, cos pés sobre a terra, pensando que todos somos un. Se cada un vai polo seu lado, de nada servirá, isto ten que ser unha unión, un equipo.

Moita xente chamaralle REVOLUCIÓN,pero eu prefiro chamarlle INTERVENCIÓN CREATIVA.



Unha intervención creativa é calquer cousa que ti poidas aportar, é buscar algo orixinal e que non pase desapercibido, trátase de facer reaccionar a outras persoas ou polo menos, demostrarle que estamos aí, que, aínda que non nos escoitan, sempre nos notarán.
E disto se trata, xuntos somos a RESISTENCIA, a revolución, sós, somos paxaros sen cabeza correndo por tódolos lados sen unha meta que alcanzar.