martes, 21 de maio de 2013

O xogo da vida


A maneira de ver a vida cando es rapaz a cando es adulto é moi diferente, iso non cabe dúbida, a medida que creces a maneira de ver as cousas e os teus pensamentos van cambiando.
Pero agora, se nos poñemos a pensar:

Cando es rapaz xogas a mamás e papás, a ser profesores ou médicos… xogamos a ser grandes. E todo iso, non son ensaios da vida? Non serve para un futuro? Incluso, nalgúns casos, para encamiñarte?
Hai veces, tamén, que cando eres grande, podes obsesionarte por que a vida sea tal cal coma a pensabas, xogando.
Realmente é difícil, en ambos casos hai regras que debemos cumprir , non existe ningún xogo sen elas.  Pero, cando es grande, é posible xogalo cas mesmas regras? Acaso non é eso, ser infantil?

Ás veces pregúntome: canto hai nun neno do adulto que será? Canto hai nun adulto do neno que fui?

Ser grande é xogar a un xogo que parece coñecido, pero non o é.
Despois de todo, cada un marca o seu camiño, con maiores ou menores dificultades, pero pódese conseguir chegar ao final. Todo está nun mesmo.

Pero dentro disto, hai unha gran diferenza no xogo:
Cando es rapaz non hai consecuencias, remata o xogo e os soldadiños que perderan na batalla volven á caixa e ao seguinte día xa están listos para unha nova guerra, pero na vida real, no xogo dos “maiores”, fin do xogo significa FIN DO XOGO.

domingo, 5 de maio de 2013

Unha de preguntas (2)


“Supostamente” todo mundo pode expresar a súa opinión, sempre dunha maneira educada e respetuosa, aínda que isto non sempre se cumpre. Pero, ata que certo punto é isto certo?

 

Gustaríame saber diferentes opinión para poder sacar as miñas propias conclusións. Xa que, últimamente, non estou vendo isto. Aínda que España se considere un país “libre de expresión” (por iso se trata, supostamente de novo, dunha democracia) que certos detalle fanme dudar e facerme pensar de que, en realidade, é un disfraz.


mércores, 1 de maio de 2013

Somos como somos?


Cantas veces escoitamos dicir: son como son a quen lle guste ben e a quen non…
Estou de acordó por unha parte, está claro que unha serie de calidades definen quen ti es pero é unha forma, dende o meu punto de vista (esto sempre), incorrecta de expresarse.
Porque un  non debe encerrarse nos seus pensamentos, debe estar aberto a novas suxerencias, a novas ideas, romper a súa rutina.
Non todo é branco ou negro, SEMPRE hai matices aínda que no lo queiran inculcar doutra maneira.
Todos temos os nosos defectos e virtudes que nos definen.
Cando alguén que che aprecia che di tes que cambiar” é porque algo tes que cambiar, tratar de modificar queles actos, aquelas actitudes, que desagradan.
Claro está que NADIE é perfecto pero cantos menos defectosteñamos máis acentuadas serán as nosas virtudes.
Tratar de escoitar diferentes opinión e elixir a que consideres mellor, con criterio propio, decidido.
Somos como somos porque queremos ser así, nadie nos obliga (pode que inflúa aínda que depende de ti) pero, ás veces, hai que ponerse a pensar en ti e preguntarte: Quen son?

luns, 29 de abril de 2013

O escudo

 
 


Un escudo é a arma defensiva máis antiga empregada para protexerse fronte un ataque.

Pero, quizais, teña un significado máis metafórico:

Cando nos sentimos amenazados, candos sentimos medo, ante situación inesperadas….utilizamos unha coraza, escudámonos.

Para tapar a nosa personalidade, as emocións, o que pensamos…

Moitas veces , somos o escudo doutra persoa e en outras ocasión escudamos a persoa equivocada e non merecida.

E outras veces escudámonos tanto que acabamos presos da nosa coraza, sos detrás do noso propio escudo.

Ao fin, do que se trata é de protexerse a un mesmo pero, ás veces, é necesario retiralo, deixarte ver, enfrentarse aos medos sen ninguna coraza, sen ningún escudo, desarmarnos, tirarnos ao mar,,,sen salvavidas!