martes, 18 de abril de 2017

REINICIANDO

Xa levo unhas semaniñas sen aparecer por aquí. Pero un descanso non lle vén mal a ninguén. De feito, estou bastante contenta coa continuidade que estou conseguindo este ano no blog e o pequeno xiro que dou. Pronto colgarei unha nova sección que me fai moita ilusión pero que me levará máis tempo de realizar.

E falando de descansar, disto vai esta entrada. Concretamente de REINICIARSE.
Reiniciar ten un significado que me gusta, é como apagar e volver a empezar, como define a  RAE, “cargar de novo o sistema operativo (dun ordenador)”. Pois isto levado ás persoas tampouco está tan tolo de pensar.

Creo que todos necesitamos algunha vez sentarse cun mesmo e pensar as cousas. Pensar en que estamos a facer, que queremos nun futuro, como van as nosas relacións, que novas cousas me gustaría facer... Todo mundo o fai, á súa maneira, pero fano.

É gratificante e axuda a sentirse ben. Como antes dicía, cárgache as pilas e ponche en alerta sobre aquilo que queres cambiar. Porque cambiar non é malo, forma parte de ser persoa. Como vén escoitei unha vez: “a auga estancada remata podre”. E non lle saco razón, pois podes seguir tendo a túa esencia, os teus valores...pero hai que madurar, e non só iso, posto que ao longo da túa vida vas vivindo momentos, coñecendo xente...que che cambia a forma de ver as cousas. E isto como xa dixen, forma parte de ser.
Eu antes era unha rapaza tímida, a veces insegura de min, que lle costaba establecer unha conversa. Hoxe sigo sendo esa rapaza, mais aprendín e comprendín que ninguén é máis ca ninguén, aprendín a sentirme segura co que fago (aínda que a veces sempre entren medos, para que enganar), e sobre todo, aprendín a coñecerme e aceptarme como son, sendo consciente sempre, de todos eses aspectos que me gustaría cambiar.

Como se pode ler ao longo do blog, son unha persoa que me gusta pensar, pensar sobre todo en xeral, e como non, en como son eu como persoa.
En este proceso de reiniciar, agora que xa o fixen (cada cal coa súa maneira), tócame outro verbo que me gusta aínda máis: RENOVAR. Pero isto, xa me da para outra entrada...

Mentres tanto, seguirei co proceso, seguirei no camiño que me levará a conseguir o que me propoña. Porque en maior ou menor medida, se te esmeras en algo e cres nel profundamente, todo se pode conseguir. Créoo fielmente!

1 comentario:

  1. O mesmo horizonte que nos leva o pasado é o encargado de traer o presente...ánimo, que o (a) mesmo mar nos serve de transporte... e, por certo, vou mirar no Google se o seu nome era Mar!!

    ResponderEliminar