
Exam trata dun grupo de empregados que loitan por aspirar a un posto de
traballo recoñecido e para iso teñen que pasar por un exame no cal resultará
tan só unha persoa escollida. A clave está en que o papel do exame está en
branco e para poder contestar, antes teñen que achar a pregunta.
Exam é unha historia simple e sinxela que se realiza nun único escenario
(polo que o presuposto suponse que foi baixo). O ritmo da cinta é bastante
entretido e continuo e a maneira en como van resolvendo os problemas e buscando
solucións engancha.
En canto á escenografía, non destacan grandes
cousas. Como dixen, só se realiza nunha sala, con cores escuras e que cambian
ao longo da trama. Non hai nada de decorados, tan só as luces que aparentan
formar un papel importante ante as suposicións dos candidatos.
As actuacións non son nin malas nin boas, non
destaca ningunha. Todos cumpren co papel encomendado.
- Traballar en grupo. Búscase a cooperación entre todos os candidatos para lograr superar a gran cuestión, mais tan só un sairá airoso da proba.
- Cámaras que os vixían. Un elemento moi empregado no cine (sacando a obviedade de que as películas son gravadas con cámaras xD). O control que existe entre os do rango inferior por parte dos do rango superior.
- As palabras. Atender ao que se di (e a veces ao que non se di). Prestar atención porque todo pode ser importante.
- Desconfianza. Verdade ou mentira? Que esconde cada candidato? Moitas preguntas que tratan de resolverse sen realmente ter una gran relevancia na proba final pois tan só depende dun mesmo.
- Ambición. Ata onde podemos chegar para lograr o que se quere conseguir?
Opinión persoal:
Exam non é un “peliculón”, nin sequera unha película que che fará pensar,
pero para unha tarde aburrida con amigos/ familia logrará facercha entretida. A
trama faiche continuar sentado ao sofá tratando de desvelar de que se trata a
proba!
A película deixa caer unha idea
importante e que estaría ben preguntarse...ata onde é capaz de chegar o ser
humano para alcanzar unha situación de vida moi favorable e soñado? É dicir, cambiaríamos
se estamos a un paso de lograr o noso soño?
Creo que depende da personalidade dunha
persoa. Eu persoalmente creo que non sería capaz de facer algo que vaia en
contra dos meus valores, pois non viviría tranquila (a conciencia). Penso que é
clave saber quen somos e todo aquilo que nos fai ser feliz...realmente vale a
pena? Vale a pena romper unha regra básica da túa vida para lograr algo que non
sabes con certeza como pode rematar?
Anímovos a responder esta pregunta! Simple
pero persoal. De feito ata daría para unha reflexión!
Para a semana máis e mellor...
Vas lanzada! Penso que a pregunta ten difícil reposta, podes ter unha (teórica) resposta, como se fose estudada para un exame, pero ata chegar ao exame non sabes o que responderás... en principio apúntome a "non ir contra os valores propios de cada un", pero...
ResponderEliminarExacto! Nunca saberás o que podes facer ata que te ves na situación pero supoño que depende moito desa situación. Está claro que en certa medida, para mellorar a nosa calidade de vida, seriamos capaces de saltarnos "algunhas normas" da propia moral pero, no meu caso, chegaría a un límite (o que considero os meus valores como persona) que nunca saltaría.
ResponderEliminarNon sei se me explico...creo que hai cousas que por moi positivas que penses que son nun momento, se para iso tes que romper con algo que che fai sentir ben/feliz non vale a pena!