Moita xente di que houbo tempos mellores, eu
creo que non existen tales, creo que depende de como se enfronte a situación
que nos toca, de como aproveites cada momento, de como elixas vivir.
Vivimos actualmente nun momento moi bo co
avance das tecnoloxías e as oportunidades que nos presentan, pero unha vez
máis, vémonos atrapados polo negativo (ademais do positivo, non todo é malo).
Refírome a que, ao mellor, agora tense máis en conta a persoa que non está aí
contigo, evadíndote da que si está, inmersos nunha conversación que
solucionarías en 5 minutos falando cara a cara, ou mesmo cunha chamada se é moi
urxente. ![]() |
http://www.losabes.com/wp-content/uploads/2015/09/La-triste-realidad-sobre-el-mundo-de-hoy-en-d%C3%ADa-ilustrado-por-Steve-Cutts-1.jpg |
E mentres tanto, vemos como todo se vai
transformando. Edificios cada vez máis grandes invaden as cidades, estradas que
levan a mil lugares, millóns de coches que as percorren, fábricas para os nosos
praceres e despois preguntámonos... Que é do cambio climático? Que pasa co
tempo: un día calor, outro frío; un día praia, outro manta... O mar, só intenta
recuperar o seu, só trata de volver ao lugar que lle sacaron; a Terra só trata
de paliar unha situación de perigo, intenta compensar o mal que lle estamos
facendo.
![]() |
http://laestrella.com.pa/media/news/image/114365_800x600_crop_5511801dbafeb.jpg
Atenas, Grecia
|
Sexamos solidarios!
Boa reflexión!!!
ResponderEliminar