martes, 1 de marzo de 2016

O Mundo onde todo é Competencia

Creo que o título deixa máis que claro de que vai o post de hoxe....

Dende unhas perspectiva máis metafórica, pódese dicir que incluso antes de nacer, os espermatozoides xa están loitando entre eles para fecundar o óvulo que logo dará lugar a cada un de nós.
Pero, deixando temas da natureza un pouco ao lado, vaiamos coas culturais. Sii, a nosa cultura da competencia. Porque está por todos lados, non damos un paso sen competir co outro, é como a nosa sinal de supervivencia, o instinto do animal salvaxe. Competir por aquilo que todos queren, chegando (en ocasións) a finais non desexables.

O certo é que sen competir, parece ser que non se vai a ningún lado. Aparecen en todos os medios, ese ego de ser o mellor,  a meritocracia na que todos os nenos hoxe en día son educados. Competencia para levar un país a diante. Da pena que para chegar ao poder, todos eses políticos se estean tirando dos pelos, e sacando os “trapos sucios” de cada casa, viven en constante competencia para sacar o maior número de votos (ou non) e gobernar (ou iso din).
Incluso, na competencia do deporte que debería ser a máis sa, non existe tal estado. A gran empresa do fútbol (da que algún día falarei), con millóns de seguidores que loitan entre eles como se non houbera máis vida que este deporte, chegando ás mans, a insultos e demais. En vez de desfrutar do seu equipo prefiren pegarse entre eles. Pero non só estes, que ao fin e ao cabo son unha minoría, senón a prensa que envolve aos deportes, as discusións que provoca con argumentos sen coherencia. E incluso os propios xogadores, que se “pican” entre eles como se foran nenos no patio do colexio.

Pero como ía dicindo, a ningún lado se entra sen competir. Mesmo para poder estudiar, vémonos obrigados a competir cos nosos compañeiros para lograr unha nota superior á deles. E non serve con isto, senón que logo, na hora de atopar traballo tamén te volves a ver na mesma situación. Competencia e máis competencia...


https://innovacionycalidadgrafica.files.wordpress.com/2015/03/competencia.jpg?w=1200

Vivimos en competencia, e como se pode cambiar isto?
Na miña opinión, é un estado complicado do que saír, xa que inconscientemente o estamos facendo, temos ese instinto, temos gañas de competir e sentirse superiores. E onde deixamos o estado de igualdade? Non existe, existen superiores e inferiores, en menor medida que antes, pero segue existindo esa diferencia.  É unha pena, porque defendo a competencia no deporte, sempre que ao acabar o partido todos acerquen a súa man ao xogador/a contrario. Xa que non debe ir máis aló, suponse que todos estamos facendo algo que nos gusta, un día sairá peor e outro mellor. Xa se verá como remata todo isto, pero deducín de min (da miña personalidade) que odio competir, odio ter que compararme, cada un é como é, e debe facerse valer polo que é, sen mirar, nin desprestixiar a ningún outro.

2 comentarios:

  1. Estou totalmente de acordo coa entrada, pero me gustaría matizar que a competencia como tal (intento de mellorar respecto dunha determinada referencia) non é negativa, vai no ADN animal e axuda a "competir" con nós mesmos... é dicir, a tentar mellorarnos no día a día... outra cousa é que esa mellora nola marquemos nós, os nosos pais, a sociedade, os amigos, os enemigos... repito, como moitas cousas, hai unha deformación da competencia (que é malsana)... pero o competir non está reñido con ser un animal racional... de feito nada máis "racional" que a competencia dos animais irracionais... e competir deportivamente (sen fanatismo!), por exemplo, resulta tan sano como unha dieta "sana"!!!!

    ResponderEliminar
  2. E eu tamén estou de acordo co matiz! Está claro que a competencia por un intento de mellora persoal non está mal, sempre que se respete ao outro. É como una especie de motivación que che dá pé a ese intento de mellora.
    D

    ResponderEliminar