sábado, 3 de maio de 2014

O futuro é hoxe

Sempre estamos pensando no futuro. En todas aquelas cousas que poden suceder, en que nos converteremos, que seremos…

Moitas veces pensamos que o importante pasará no futuro.

Temos dubidas nas decisión, medo polo que poida influír nun determinado momento, pero, que é o futuro?
Simplemente tempo.

Cortou ou longo, no cal poden suceder calquera cousa. O noso presente é quen nos marca as pautas, os actos de hoxe en día depararán ó futuro pero, realmente hai que preocuparse tanto?

 
Poñemos demasiada importancia no futuro, demasiada responsabilidade. Deberiamos por ser felices agora, dar o paso se o cres necesario ou negarte a facer algo pero só porque o sintas nese momento e non pola influencia que teña no futuro, xa que o único certo é que o futuro é incerto.
Está ben mirar por un mesmo, está ben preocuparse por un, pero máis importante é vivir o día a día e disfrutar de cada momento.

2 comentarios:

  1. Non creo que sexa necesario preocuparse, pero si non esquecer que seremos o que fagamos hoxe (ou polo menos "en parte")...así que hai que conducir con certo coidadiño o coche da vida...

    ResponderEliminar
  2. Sii,, estou de acordo. Pero esta vez intentaba mirarlle o lado máis, "carpe diem" deste longo camino, aínda que teño que dicir que eu tamén son das din que sempre hai que pensar nun futuro! ;)

    ResponderEliminar