domingo, 25 de maio de 2014

A importancia de ser agradecido

Ser agradecido é algo moi importante xa que a todos nos gusta que nos agradezan.

Sexa da maneira que sexa... dende un pequeno detalle ata un simple "Gracias", non se necesitan de grandes cousas par agradecer.

Agradecer implica que alguén fixera algo por ti, non importa o que, se foi pasarche un lapis ou salvarche a vida, esa persoa perdeu o seu tempo por ti.

De feito, cada un de nos estamos aquí gracias a dúas persoas e o noso agradecemento tería que ser cumprir co básico que se nos pide. Pero isto non sempre ocurre.

 
 

 

Outro exemplo está en calquera profesión, estamos rodeados de cousas que outros fixeron.
A nosa saúde vese relativamente óptima gracias a uns descubrimentos anterirores e a implicación de unhas persoas posteriores. A educación, o saber se "saber" vai con "b" ou con "v", quen descubriu América ou incluso canto é dous máis dous... Todo ten o seu traballo e, aínda que precisamente se trate dun oficio e cobren por iso, non deixa de ser un esforzo dedicado a nós.

Todos pasamos a formar parte de algo, de algúen a que se lle di: "Daríao todo por ti", ese todo é o resultado das emocións que esa persoa sentiu e sente por ti e das cousas que fixo e fará.

O dito, é moi bonito cando fan algo por ti, pero máis bonito é agradecer. As veces non son necesarias as palabras: o agradecementos dos xogadores dun equipo é o seu esforzó no campo, pero non só queda aí, xa que fóra del séguese sendo persoa, e tanto nas boas coma nas malas debese estar aí e agradecer.

Só me falta dicir, Gracias!

3 comentarios:

  1. Como ti dis, moi bonitiño ser agradecido (ademais xa o di o dito que é dos ben nacidos!)...só matizaría que ás veces hai xente que agradece en plan demostrar que se pode máis que o outro e eso realmente non é dar as gracias...máis ben é unha "mostra de poder"...
    Pero en fin, agradécese moito a ilusión que desprende a entrada...hai que preservarla... (e, por certo, o do "poder" non ten que ser algo material, pode ser simplemente, ou diabolicamente, psicolóxico!!)

    ResponderEliminar