domingo, 10 de novembro de 2013

Unha de preguntas (3)

Ser ou non ser egoísta? Esa é, neste caso, a cuestión.

Unhas veces por moito e outras veces por pouco.
“Fagoo por ti” que implica que non se fai por un mesmo, é un claro exemplo de non egoísmo. É un acto de fala realizativo, o que sei di, faise.

Pero cando das e das e non recives? Cando tentan levar un control sobre ti? Nese caso, non deberiamos de ser un pouco egoístas?

 
 

E no caso contrario: moitas veces somos moi egoístas cos nosos país, por exemplo, deberíamos decatarnos de que gracias a eles estamos aquí, o feito que vivamos donde vivimos, vistamos o que vestimos… Eles encárganse de darnolo todo, tanto o abstrato coma o físico. E teriamos que pensar máis en eles e menos en nós, que aínda que non o digan, eles tamén o padecen.
Hai un montón de casos,,, Opinións,,,,

2 comentarios:

  1. Cando das moito e non recibes, deixar de dar non é egoismo, é só reequilibrar a relación cos outros...e dar sen recibir non é "ser boa persoa", realmente é malacostumar aos demais (e ser un pouco parvo)...esa é a miña opinión...

    ResponderEliminar
  2. Para ler sobre o egoísmo:
    Hoja de Niggle, de J. R. R. Tolkien

    ResponderEliminar