domingo, 20 de outubro de 2013

As voltas da vida

Unha vez máis adéntrome a falar sobre a vida. Pero o certo é que cada vez sorpréndeme máis.
Moitas veces non nos decatamos do que realmente está sucedendo, que o tempo pasa e pasa, e cando nos queremos dar conta, un ano máis rematou.

Pasamos de non saber nada, a saber de todo en milésimas de segundo. Fai nada estabas dunha maneira e agora, xa estás de outra.
A vida sorprende de tal maneira que nin tempo che dá para facelo.

 
A vida está formada por un montón  de situación expontaneas que che fan dar xiros inesperados, cambios sorprendentes e alguna que outra volta.
O certo é que coa cantidade de cousas que podemos facer actualmente, aínda digamos que nos aburramos… colle un libro, mira unha película, bótate a correr…
Como xa dixen, a vida está para vivila e, simplemente vivíndoa, poderás dicir, ao final, que valío a pena.
Vivése de moitas maneiras, seguindo o teu guía, o teu camiño, pero as veces, necesitas saltarte algo, soltarte, desviarte por un momento, vivir experiencias novas e emocionantes, ver máis aló. Para poder ao final mirar atrás e ver os teus erros, as túas vivencias para seguir continuando polo camiño axeitado.
Parece mentira que co fácil que é o fagamos tan difícil. Pero parece que é, precisamente como moita xente di, “lei de vida”.

1 comentario:

  1. Pois sí, eu tamén penso que o fácil, se fai ás veces difícil para que nos coste máis facelo e deixe en nós máis aprendido... noutros casos é que simplemente ·liamonos un pouco"!

    ResponderEliminar