domingo, 23 de decembro de 2012

A mentira


Posiblemente se esto se publicou será porque o “temido” fin do mundo do 21 de decembro non ocorreu.
Nin sequera eses tres días de escuridade total que se tiña previsto. Esto demostra, unha vez máis, que non hai que crer todo o que se nos di.
As mentiras non son boas. Sempre me preguntei, por que unha persoa minte?

Non pasa nada porque algunhas veces digamos algunha “mentira piadosa”, para salir dun apreto, para facer un chiste, por medos,,,,
Pero cando a mentira se converte en algo constante e diario é cando é maligna.
Moitas veces es consciente de que che están mentindo e segues escoitando. Posiblemente, agora non estaríamos así se non se lle dera vidilla a un mentiroso.
Un mentiroso acaba por creerse as súas propias mentiras, acaba formándose un mundo onde se ve implicada  a xente do seu arredor.
O peor dunha mentira é que cando xa a realizaches estarás obligado a inventar moitas máis para soster a certeza da primeira.
Aínda que ten os seus castigos, a un mentiroso non lle creerás nunca, incluso cando diga a verdade.
Toda a mentira ten a súa consecuencia, pero toda verdade tamén ten a súa consecuencia.
A consecuencia é o motivo polo que buscamos a verdade.
Pero non quero levar esto ata un extremo, está claro que o tema do fin do mundo tiña o seu “atractivo” e a xente deulle vidilla ata que se chegou ao día.
Tamén, ás veces, esta clase de “mitos” dá lugar a que a xente fale un pouco e , polo menos, entreternos con algo, incluso cando este algo sepamos, dende un principio, que é todo unha mentira.

3 comentarios:

  1. Eu penso que ás veces as mentiras empezan como verdades (teñen algo de certo), pero que as van mudando, como "vestindo", co paso dunha persoa a outra...e rematan por ser moi diferentes do que se decía ao principio...e hai que ter coidado, porque hai xente que o pode facer sen querer.

    ResponderEliminar
  2. Tamén, é ben certo!
    Coma unha historia que me contaron unha vez:
    Un home cóntalle a súa muller que poñe un ovo cada noite, a súa muller sen poder evitalo cóntallo a súa mellor amiga pero desta vez dille que poñe dous, esta cóntallo a súa peluqueira e dille que poñe tres, e así sucesivamente ata que chega a noticia ao Papa pero con cen ovos!!
    A mentira é coma unha bola de neve, canto máis roda, máis grande se fai.

    ResponderEliminar
  3. A verdade que as reflexións que fas sobre as mentiras e verdades son bastantes concisas e para o meu entender acertadas. Penso que nesta vida debemos asumir as consecuencias dos nosos actos (porque as veces as cousas que facemos xa xon verdades ou mentiras). Se o temos claro é unha forma de deixar de dilucidar se debemos decir a verdade (que salvo piadosamente, como dís,debemos de ter sempre na nosa mente), ou non.
    Tamén é certo, que ás veces coas cousas que un pensa ou fai (pensando nelas como correctas) poden ferir, pero é algo que debemos de ter en conta e sopesar. Ah!, e sempre nos queda un recurso bastante socorrido para non mentir, pasar inadvertido, non falar, aínda que según cadaquen esto poida resultar sumamente difícil

    ResponderEliminar