martes, 14 de agosto de 2012

Por qué´s

Aproveitando os xogos olímpicos e poñéndome a observar doume pé a falar sobre un tema:
A maioría das medallas gañadas por España son logradas por mulleres.
11 medallas conseguidas por mulleres e 6 medallas conseguidas por homes.


Esto non destacaría se o deporte, ainda actualmente, se relacionase en moitos casos cos homes.
Claro, tendo a selección masculina de fútbol, hockey, waterpolo, baloncesto, balonmán. Só, dous dos cales teñen representación feminina en España.
Ao que vou é que o deporte séguese a estar moi pouco valorado nas mulleres. Xa que ademais, se te poñes a mirar portadas de periódicos, destacan homes cando a maioría das medallas, como xa dixen, coseguíronas mulleres.
Como tamén destaca (perdón, non destaca) o fútbol, balocesto…(todos os demais) feminino. POR QUÉ?? E sen entrar en que os homes cobren máis, nin nada diso, xa que senón non acabo hoxe.
Ainda que tamén,  teño que entrar na ximnasia artísica, natación sincronizada, na que non destacan homes e só hai mulleres.
Neste caso tamén digo. POR QUÉ??
Unha vez escoitei: “Eu se teño que ver un partido de fútbol feminino non o vexo ou se teño que ver ximnasia artística por homes tampouco o vexo”
POR QUÉ?? POR QUÉ?? POR QUÉ??????????
Está claro que unha muller, igual, non lle podas pedir o físico dun home,ou, como tampouco, a un home a elasticidade dunha muller, por exemplo, pero… segue sendo o mesmo deporte,,,,,,,
Animo a que poñades máis exemplos e digades o que pensades con respecto a este tema.


1 comentario:

  1. Creo que hai unha sobrevaloración do feito polo home, mesmo se o fai algo peor que unha muller. Pero é algo que ven desde que os ser humano empeza a darlle patadas a unha pelota.

    E aproveitando o das medallas decir que as medallas gañadas polos homes son medallas de homes (non se di "chicos"), pero as gañadas polas mulleres normalmente son medallas "de chicas"...o subconsciente traiciona aos periodistas...

    ResponderEliminar