xoves, 23 de agosto de 2012

A velocidade do "tempo"

Vivimos nun mundo que, a medida que o tempo pasa, avanza rapidamente.
É simplemente tempo o que pasa ou é algo máis abstrato???
Ese “algo” pasa case sen percatarse, cando miras cara atrás ves a un rapaciño xogando no parque, ou unha rapaciña escalando unha figueira.
Vas mirar por uns zapatos a unha tenda e recordas que o teu número non é o 35 senón o 37.
Ves a unha persoa coñecida. Cantos anos ten? 18? Xa ten 22.
Coñecédela?? Quen lle diría fai 5 anos a Lady Gaga que ía acabar como agora.


Case sen ser consciente ese algo está pasando. Pasa un día, pasa un mes, pasa un ano….
Disfrutar cada momento a tope, coas persoas que ti elixas, confundirte, recapacitar, reir, soñar…
Porque é así, a vida pasa moi rapidamente. E como di moita xente: A vida son tres días e xa vamos polo segundo, así que vive a vida por favor.

1 comentario:

  1. Tes moita razón nesa frase de "algo está pasando" (sempre!)...o difícil está en calibrar como é ese "algo"..sobre todo en relación ao algo que temos na cabeciña (posto por nós ou polos demais)...senon que lle pregunten a lady gagá (por exemplo) o que lle costou pensar nese algo (que quería ser ela ou que querían os demais que fose)...

    ResponderEliminar