mércores, 27 de xuño de 2012

A túa oportunidade

Ese instante, cando o balón chega ata a rede, cando pasa polo aro da canastra, cando chegas a meta…Momento de gloria.
Canto tempo tardou en chegar aí?
Os acostumados a gañar teñen pánico a derrota, ese momento no que non es protagonista e non pertence a ti. Por outra banda, os acostumados a perder saen con máis ilusión, esperando esa oportunidade que os faga sentir arriba, ou simplemetne, facelo o mellor posible para que, polo menos, se note melloría. As simples victorias (nas que non te gañas nada) convértense nos mellores agasallos.
A min, o que máis me gusta dos deportes  é o deporte en si, dentro do reglamentario. Perdas ou gañes nunca despreciar ao rival e felicitalo ou animalo dependendo da ocasión.
Por desgracia, esto non sempre ocorre e os protagonista son outros.
Algunhas veces estarás na cima, logo baixarás, logo volverás a subir, ou incluso, nunca chegarás arriba pero sempre se trata do mesmo.
Dende un partido na calle onde non hai límites ata a final dun mundial, eu penso que o importante é disfrutar do que se fai.
Por que ao perder todo se volve de blanco e negro?
A selección española de baloncesto perdendo contra Litunania.

Perder non é malo, sabes que o contrario foi mellor e darache indicios para mellorar. Porque perder só é unha nova oportunidade para volver a empezar, porque caerse implica levantarse e rendirse implica covardía.
Sempre chega unha oportunidade para demostrar o que ti ben sabes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario