venres, 7 de setembro de 2012

A imaxinación humana

Lendo un libro atopei estas preguntas:
Quen levantou os moais da isla de Pascua? Existiu entre as islas Fidji o arquipelago das Hawai, e na isla de Pascua o desaparecido continente de Mu? E a atlántida? Existiu algunha vez o mundo do rei Arturo e os seus cabaleiros da Tabla Redonda? Houbo en algún lugar o reino das temidas Amazonas? Pudo algunha vez poblar algunha zona da Terra unha civilización procedente do espazo?


Un montón de preguntas para tan poucas respostas.
Moitos exploradores, científicos e aventureiros intentaron buscar as respostas destas preguntas.
Pero, a realidade, é que non teñen resposta posible.
Son magníficas creacións da imaxinación humana.
Podes ceer ou non creer, pero necesítase esto para facer voar a imaxinación. Moita xente necesita aferrarse a este tipo de historias. Non sería xenial?
Un lugar submariño, unha cidade de ouro, un reino repleto de personaxes máxicos…
Porque é que en realidade a imaxinación humana é un poder moi pouco valorado que pode facer, dende sacarlle unha sonrisa a un rapaciño ata mover masas e masas de xente.

mércores, 5 de setembro de 2012

Unha de contos


Cumbres do Himalaia, 10º baixo cero, unha fría frisa de vento peta no meu rostro.
Máis alá, unha sombra, un animal xigantesco de aspecto parecido a un mono, cuberto de pelo vén cara min, Non podo pensar, témome o peor, a imprensión dese bicho paralízame completamente e de súpeto…
-Papá, o Xeti existe?
-Non o sei, é todo un misterio, dise que só algúns alpinistas aseguran ver a enorme marca das súas pegadas sobre a neve.
- E por qué o representan como un ser malvado?
- Fillo, moita xente xuzga só polo aspecto.
Pensan que por atribuír unhas calidades feroces xa ten que ser malvado. Esa é a realidade desa lenda. O prexuizo da xente antes de coñecer.
…Toda esa impresión vaise co seu primeiro acto. Posa sobre os meus ombreiros unha especie de manto e vaise facendo un xesto de complicidade.


No meu mundo, o xeti, sempre foi un ser bo, oprimido`pola súa mala fama. Que cando alguén máxico ou imaxinario chaga onda el, demostra a súa vontade

venres, 31 de agosto de 2012

Quen son?

Seguramente moita xente se fixera esta pregunta algunha vez.
Como cando nos miramos a un espello: facémolo para ver como nos ven os demáis? Ou para ver se o espello nos devolve a imaxe que temos de nós mesmos?
"¿Espejito, espejito quién es la más bella del reino?"
A madrastra de Blancanieves facéndose preguntas.

Realmente o de fóra é un simple envoltorio que como todo envoltorio acaba nunha basura, ao final só vale para tapar o de dentro. Un envoltorio pode ser moi bonito e despois o de dentro non valer a pena, ou ao revés. Como tamén pode ser bonito por fóra e por dentro, ou ao contrario.
Ao que vou, e deixándome de metáforas absurdas (ou non tanto), é que a larga o de dentro é o que gaña.
Pero agora estase a usar moito eso de aparentar o que un non é, só por entrar nun grupo, por non quedar atrás ou simplemente para chamar a atención.
Suponse que co paso dese algo chamado tempo algo se aprenda, e cada un acade a súa propia personalidade, ou tamén, quedarte sen ela.
E como non só se pode expresar con palabras deixo esto por aquí para sacar algunha conclusión.

xoves, 23 de agosto de 2012

A velocidade do "tempo"

Vivimos nun mundo que, a medida que o tempo pasa, avanza rapidamente.
É simplemente tempo o que pasa ou é algo máis abstrato???
Ese “algo” pasa case sen percatarse, cando miras cara atrás ves a un rapaciño xogando no parque, ou unha rapaciña escalando unha figueira.
Vas mirar por uns zapatos a unha tenda e recordas que o teu número non é o 35 senón o 37.
Ves a unha persoa coñecida. Cantos anos ten? 18? Xa ten 22.
Coñecédela?? Quen lle diría fai 5 anos a Lady Gaga que ía acabar como agora.


Case sen ser consciente ese algo está pasando. Pasa un día, pasa un mes, pasa un ano….
Disfrutar cada momento a tope, coas persoas que ti elixas, confundirte, recapacitar, reir, soñar…
Porque é así, a vida pasa moi rapidamente. E como di moita xente: A vida son tres días e xa vamos polo segundo, así que vive a vida por favor.