domingo, 21 de xuño de 2015

O rostro, espello da alma?

Seguimos con isto das preguntas...Esta sección pode abarcar desde simples, e case obvias cuestión, ata algunhas máis metafóricas. Entón pois,,,vamos aló:

Moitos seguen esta teoría, certa nalgunhas ocasións pero enganosa a veces.
Pódese coñecer como é esa persoa tan só mirándoa? Mostran nos seus ollos o máis profundo dela? Ou tan só é un falar sen máis? Un prexuízo asqueroso que non leva a ningures?

A fin e ao cabo é o primeiro que se ve dunha persoa antes da conduta. Esa primeira impresión que deixa un xesto, unha sonrisa ou o ceño frunxido. Como te definirías cunha expresión? Correspóndese coa túa personalidade? Pode que aí estea a resposta!

By me
O certo é que nos guiamos por iso. O primeiro entra polos nosos ollos, esa imaxe é a que permanecerá con nos ata un posible reencontro con esa persoa. Ese encontro ou momento que dea opción de coñecela, agora si, interiormente. Quizais tivera un mal día e por iso esa cara, ou un bo, quen sabe? Moitas opcións para algo tan abstracto e difícil de descubrir como é a personalidade de cada un.

sábado, 13 de xuño de 2015

Quen dixo que ía ser fácil?

Unha volta, outra máis,,, pero aquí estou de novo e con máis ganas ca nunca! Concienciada, creo eu, e con moitas cousas que comentar... Agora que o tempo mo vai a permitir, vamos aló:

 Sete da mañá, sona o espertador de tódolos días, roupa preparada e almorzo. Unha longa xornada comeza. Nervios nada máis entrar pola porta antes do exame de mates, un abrazo de calma, recreo pero con estudio. Volta a casa, comida en familia. A miña pequena "cova" espérame,,,libro na man, letras, números, reis e gobernadores, autores, cromosomas e lípidos, sulfitos e enlaces covalentes, "solo sé que no sé nada", rectas perpendiculares e paralelas ao plano. Un senfín de cousas... Bici ou correr para despexar a mente e volta ao traballo...

Empecei esta viaxe porque creo que todo pode ser mellor, un desafío que non é só para xente con altas capacidades, senón para xente coma min, coma nos, os que loitamos por unha nota.

 
By me
 
 Unha experiencia que marcará as nosas vidas xa que forma parte de gran parte dela. Quédome con toda a xente que me atopei neste camiño, especialmente os profes da Ponte e os compañeiros, e agora amigos de Vimianzo. Risas, choros, nervios, algún  que outro enfadiño, eses momentos antes dun exame, as escapadas, as bromas, as manías de cada un…

Pase o que pase, saque a nota que saque, incluso aprobe ou non (maloserá Xd)
eu xa logrei o meu éxito. Estou orgullosa de min como o estamos a maioría, xa que o esforzo de todos estes anos e en especial neste curso, xa están plasmados. Agora, é o momento de empezar un novo camiño! ;)

Agora ben, parece inxusto que todo ese esforzo plasmados xa nuns resultados teñan que ser sometidos.

Aínda que así foi e así pode que seguirá e moito peor agora con esa nova lei que se quere establecer,,, en vez de progreso e ir avanzando parece que retrocedemos... donde solo os máis ricos podían e o resto convertidos en peóns,,,unha pena!

 Pero xa haberá tempo de falar de todo...

 Agora, regresamooos…

 
 
 

mércores, 6 de agosto de 2014

A INFANCIA

A chegada do verán faime recordar unha etapa da vida moi apreciada por todos: A infancia.
Ver aos nenos correndo dun lado ao outro, berrando, saltando…

 Algo que non se pode negar é que todos domos nenos.
Con maior ou menos claridade recordamos aqueles momentos que nos marcaron dalgunha maneira.

Cando un é neno non ten tempo para preocupacións, só importa xogar, estar cos teus amigos, pasalo ben… As aparencias, o futuro, ser bo, comportarse ben…todo iso non importa.

 Sen entender por que, todos teñen unha gran enerxía, recorrer o mundo se fai falta, están activos as 24 horas do día.

 
Os enfados, os choros… non teñen importancia: “Marco pegoume”, “caín da bici”, “Non quero comer”.
É un mundo a parte, paralelo ao ser adulto.
As veces miro para un neno e pregúntome…En que adulto se converterá? Esta rapaza resultará unha boa estudiante e decidida?? Ou será rebelde e insegura? O mesmo cando miro para un adulto e digo…Que queda nel do neno que foi? Como sería?
Moitas preguntas cunha resposta directa ou futura… Como dirían os máis vellos (e sen ofender a ninguén): Éche lei de vida!!


martes, 24 de xuño de 2014

En busca da felicidade

Non, non se trata da película (que por certo non vin) senón de adentrarnos máis no significado desta frase.

Todos nós, en situación normais, temos unha vida relativamente longa e creo que, e nisto coincidiremos a gran maioría, a base da vida é a nosa felicidade. Por exemplo, eu non sería capaz de imaxinar a miña vida se non fora feliz.

Cada un a súa maneira, pero ao fin feliz. Inconscientemente sempre se está en busca dela, pero non se sabe que podemos atopar. Simplemente hai que vivir a vida, e estar con quen ti te atopes mellor, nas actividades onde esteas máis a gusto. Pero que é a felicidade? É algo material? É algo emocional? Creo que xa fixen mención disto con anterioridade.

 
A felicidade é un cúmulo de cousas: emocións inesperadas, de momentos inolvidables, aquela primeira vez que fuches de viaxe, unha canción significativa, o teu primeiro bico, un momento de gloria, o teu primeiro amor, a copa que levantaches co teu equipo do colexio, o “quérote” que lle dixeches a túa nai, a pelexa rematada en risas con túa irmán, o resultado das notas, o teu primeiro traballo, o olor da túa casa, un atardecer no teu pobo… Non existe a felicidade en si, sen máis, senón que son momentos, estados que che marcan.
 Haberá días mellores e outros peores pero sempre hai algo que che saca unha sonrisa, ese algo que che fai ser consciente de que si, es feliz.
E moitas veces a felicidade énchese cunha persoa, aparece, sen facer ruído, que sempre estivo aí, sentes que algo comeza, unha nova etapa, un novo momento cunha felicidade…completa.