Amosando publicacións coa etiqueta estudos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estudos. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2016

A Escola de Sempre


Empezamos dende ben pequeniños, chega aquel momento no que por primeira vez nos separamos de mamá e papá para deixarnos nas mans dun/ha estraño/a. Esa persoa que a medida que o ano vai pasando, pouco a pouco se vai volvendo máis familiar.
Déixannos alí, dentro dunha especie de habitación, onde hai cadeiras e mesas dispostas ao longo desta. Un encerado, unha mesa máis grande, hai xoguetes (para a nosa sorpresa)  , un colgadoiro para o mandilón que temos que levar... Ese panorama que nos seguirá (ou nos con el) ao longo da nosa vida (para uns máis ca outros) sufrindo determinados cambios a medida que superamos etapas. Dinnos que é unha clase dentro da escola, e que alí se vai a aprender. Ese concepto que crecerá con nós.
Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato... Estás loitando por saír a diante, esforzándote e traballando, pero, a pesar de que a plena aprendizaxe depende do individuo; os profesores, o ambiente, as condicións...tamén inflúen en gran medida.
Chegas, séntaste, chega o profesor e da a lección. Moitos non se centran en máis nada. Acumulacións de informacións abstractas que costan reter na memoria para logo “vomitalas” nun exame. Punto básico de toda a nosa vida como alumnos. Repeticións de fichas, contas e exercicios, ditados, lecturas, correccións... cun escaso sentido práctico.
Persoalmente tiven sorte, e contei con grandes profesores, o que a veces é difícil, que ao longo da túa vida académica te atopes cunha gran cantidade de profesorado que valla a pena. Aínda que tamén están aqueles dos que a penas me acordo, seguramente pouco aprendín con eles.
Dificilmente desta maneira saberemos o que queremos nun futuro. Máis que nada porque a penas existen ofertas de orientación eficaces. E chegamos á Universidade e cando pensamos que todo iso pode cambiar...atópaste igualmente con faltas de organización, profesores que deberían estar retirados, que non saben explicar nunha universidade, decanato que non responde as túas peticións (e se o fai non o xustifica)... O triste é que agora, se estás pagando directamente por “tal” materia, e se a tes, será porque queres aprender e saber dela, porque che gusta o que estás estudando.
Ao final todo xira no mesmo sentido e pregúntaste...que fago aquí? Porque non só tiveches que  competir cos teus compañeiros para poder entrar, senón que ademais, unha vez dentro, tras a túa loita, non atopas a total seriedade que te mereces. Quizais a resposta a miña pregunta sexa simple, como profesora en formación e polo tanto futura mestra, teño nas miñas mans a posibilidade de cambiar aqueles aspectos que,  tras a miña experiencia, non me aportaban nada no meu día a día, e sumarlle aquilo que che fai pensar, emocionar, entreter, rir, pasalo ben mentres aprendo nunha clase.

sábado, 13 de xuño de 2015

Quen dixo que ía ser fácil?

Unha volta, outra máis,,, pero aquí estou de novo e con máis ganas ca nunca! Concienciada, creo eu, e con moitas cousas que comentar... Agora que o tempo mo vai a permitir, vamos aló:

 Sete da mañá, sona o espertador de tódolos días, roupa preparada e almorzo. Unha longa xornada comeza. Nervios nada máis entrar pola porta antes do exame de mates, un abrazo de calma, recreo pero con estudio. Volta a casa, comida en familia. A miña pequena "cova" espérame,,,libro na man, letras, números, reis e gobernadores, autores, cromosomas e lípidos, sulfitos e enlaces covalentes, "solo sé que no sé nada", rectas perpendiculares e paralelas ao plano. Un senfín de cousas... Bici ou correr para despexar a mente e volta ao traballo...

Empecei esta viaxe porque creo que todo pode ser mellor, un desafío que non é só para xente con altas capacidades, senón para xente coma min, coma nos, os que loitamos por unha nota.

 
By me
 
 Unha experiencia que marcará as nosas vidas xa que forma parte de gran parte dela. Quédome con toda a xente que me atopei neste camiño, especialmente os profes da Ponte e os compañeiros, e agora amigos de Vimianzo. Risas, choros, nervios, algún  que outro enfadiño, eses momentos antes dun exame, as escapadas, as bromas, as manías de cada un…

Pase o que pase, saque a nota que saque, incluso aprobe ou non (maloserá Xd)
eu xa logrei o meu éxito. Estou orgullosa de min como o estamos a maioría, xa que o esforzo de todos estes anos e en especial neste curso, xa están plasmados. Agora, é o momento de empezar un novo camiño! ;)

Agora ben, parece inxusto que todo ese esforzo plasmados xa nuns resultados teñan que ser sometidos.

Aínda que así foi e así pode que seguirá e moito peor agora con esa nova lei que se quere establecer,,, en vez de progreso e ir avanzando parece que retrocedemos... donde solo os máis ricos podían e o resto convertidos en peóns,,,unha pena!

 Pero xa haberá tempo de falar de todo...

 Agora, regresamooos…