sábado, 30 de marzo de 2013

A vida


Durante anos moita xente se pregunta sobre o sentido da vida.
Estamos aquí cun destino marcado? Ou simplemente somos unha creación?
Dende o meu punto de vista, a vida está para vivila e intentar conseguir o que queremos para dicir ao final que o camiño percorrido o facemos nos mesmos.
O tempo pasa e a xente cambia. Sacamos fotos para inmortalizar o tempo, a min servénme, non só como un recordo, senón para ver a evolución:

 

Ao final séguese sendo o mesmo, cos mesmo rasgos, o que cambia é a maneira de pensar e ver as cousas.
O pasado está como recordo. Mirar atrás e ver aquela palabra non dita, o abrazo que che saíu, o enfado que che marcou, os lugares recorridos, a pataleta por un simple xeado ou o salto de alegría por ver ao teu equipo gañar…
O presente, agora tan cercano escribindo esta palabra, e tan lonxe, como que xa pasou.
E o futuro, do cal, non podo falar, gústame planear pero ata certo punto, aínda que espero que sexa bo.
Do que podo falar é do de atrás, agradecer a cada persoa que me dedicou o seu tempo, a que me fixo chorar e a que me deu a benvida.
E algo que aprendín nesta tempada: que as persoas boas non se atopan tan lonxe, só tes que atopar o lugar adecuado.
Vivir a túa vida e preocuparte pola túa. E recordar sempre, o máis importante disto:
Non existe outra perdoa por enriba, porque ti eres, o único protagonista, da TÚA VIDA!

mércores, 27 de febreiro de 2013

Alcanzar os teus soños


Unha vez, un  profesor díxonos (a todos da clase) que se ti queres algo de verdade, e  que, aínda que a medida que avances sexa  máis complicado, conseguiralo,.

Isto recórdame a cantidade de soños que cada persoa pode ter, e que considera como imposibles. Non hai nada, que outros podan facer, imposible para ti.



Márcate obxectivos, cada vez maiores.

Se podes dar tres pasos, non deas dous, dá catro. Xa que, 2 +2 non sempre é catro, por moito profe de mates que diga o contrario.

Confía en ti, porque  aínda que o corpo poda se a cabeza non quere… Eres capaz de iso e máis.

Deixa fóra os teus prexuizos, expulsa os medos e olvídate do fracaso. De todo se saca o lado positivo.

Sexa o que sexa, despexa a mente, esfórzate día a día poñendoo todo da túa parte, se ti podes non deixes que cho fagan,,,seguindo unha serie de pasos terás a certeza de que, se algo se quere e se desexa moito, non existe barreira posible que poida destruir ese algo máis aló dos soños. Verás, ao final, os teus soños feitos realidade.

luns, 21 de xaneiro de 2013

Un mundo feliz

Hoxe vou falar sobre un libro que lin fai pouco. “Un mundo feliz” de Aldoux Huxley.
E para iso vou tema por tema. O principal de todo: A felicidade.
Todos buscamos ese sentimento abstracto que nos completa, eso que necesitamos para vivir a vida dunha maneira agradable.
No mundo do libro, todos (ou case) eran felices, cada un coa súa misión, pero que considero aburrido. Non me imaxino que a xente me sirva e me dea todo feito (xa que para min, algo o esforzo para ó final conseguir lograr algo é unha das partes desa felicidade) nin que o faga eu para ninguén.
Algunha xente pasa a vida esperando a felicidade, pero é que hai que ir a buscala, porque sempre está aí, esperando a ser atopada.
A felicidade é algo tan simple que nin conta nos damos que está aí.
Nun bico, nunha aperta, nunha sonrisa, nunha charla ou incluso en atopar un xoguete de cando eras rapaz.
Ante un momento triste, todos temos o noso soma.
O soma é coma aquela aspirina que tomas cando che doe a cabeza.
Nese mundo para non sentir, non pensar, utilizaban o seu soma pero é que na realidade facemos igual.
Atiborrarse de traballo, falar con alguén de algo que non che interesa, ver unha peli, escoitar unha canción, poñerte a bailar sen control… distraerte ó fin.
O que moitas veces hai que facer, e que os habitantes dese mundo terían que facer é deixar de lado o seu soma, deixalo para atoparse a eles mesmos, porque debaixo do soma, está o que somos, o que queremos e o que sentimos, é enfrentarse a ese algo e que doia, sen anestesia.
Porque o que realmente importa ao final, é o que nos fará desaparecer eses “pantasmas” e ser fiel a un mesmo e gritar ben forte “NON HAI TAL CRISIS”.
Levar a vida como ti queres (e poidas) sen preocupacións, sen dor, sen soidade, con felicidade,  unha vida relaxada… Para iso, hai que dicir adios ao que nos fai mal e ola a todo aquilo que nos completa e nos fai sentir cheos.
Dende o meu punto de vista e o que eu penso é que a xente dese mundo vivía nunha especie de soño.
Nunha utopía cerrada de pensamentos, onde o que necesitaban era espertar, saír do bunquer onde se está tan cómodos. Porque se a vida é soño alguén se apodera dela. Nesesitarían romper a súa burbulla e atopar a chave, porque a vida real, a de verdade, comeza cando abrimos os ollos e deixamos de soñar.
Xa que hai que distinguir entre vivir os teus soños, e soñar cunha vida irreal.

 

 

domingo, 23 de decembro de 2012

A mentira


Posiblemente se esto se publicou será porque o “temido” fin do mundo do 21 de decembro non ocorreu.
Nin sequera eses tres días de escuridade total que se tiña previsto. Esto demostra, unha vez máis, que non hai que crer todo o que se nos di.
As mentiras non son boas. Sempre me preguntei, por que unha persoa minte?

Non pasa nada porque algunhas veces digamos algunha “mentira piadosa”, para salir dun apreto, para facer un chiste, por medos,,,,
Pero cando a mentira se converte en algo constante e diario é cando é maligna.
Moitas veces es consciente de que che están mentindo e segues escoitando. Posiblemente, agora non estaríamos así se non se lle dera vidilla a un mentiroso.
Un mentiroso acaba por creerse as súas propias mentiras, acaba formándose un mundo onde se ve implicada  a xente do seu arredor.
O peor dunha mentira é que cando xa a realizaches estarás obligado a inventar moitas máis para soster a certeza da primeira.
Aínda que ten os seus castigos, a un mentiroso non lle creerás nunca, incluso cando diga a verdade.
Toda a mentira ten a súa consecuencia, pero toda verdade tamén ten a súa consecuencia.
A consecuencia é o motivo polo que buscamos a verdade.
Pero non quero levar esto ata un extremo, está claro que o tema do fin do mundo tiña o seu “atractivo” e a xente deulle vidilla ata que se chegou ao día.
Tamén, ás veces, esta clase de “mitos” dá lugar a que a xente fale un pouco e , polo menos, entreternos con algo, incluso cando este algo sepamos, dende un principio, que é todo unha mentira.