Todos medramos a medida que pasan os anos: aos
nenos empézalle a medrar a barba, cambiar a voz; as nenas poñen cadeiras,
crécenlle os peitos...
Pero todos eses cambios físicos van da man cos
cambios de conducta. Está claro que unha nena de 5 anos non vai a reaccionar da
mesma maneira que unha de 10 ou 18. Cambios na nosa forma de ser, na maneira de
relacionarnos, nas nosas responsabilidades...Unha dáse de conta que madurou
cando te decatas de que a túa maneira de pensar e ver as cousas cambiou.
Cando miro atrás e regreso a 3º da ESO, recordo que me sentía maior, sentíame con
moito vivido xa, sentíame unha “mamá” ao lado dos nenos de primaria; agora, que
estou por empezar segundo ano de carreira penso... canto che queda por
vivir...a saber cantos cambios che esperan...antes, tan só era unha rapariga
como os rapaces de 3º da ESO que vexo cos meus ollos de 19 anos. Conclusión:
sigo sendo esa rapariga, con algo máis vivido, pero moito por vivir. ![]() |
Paso a paso, superando obstáculos! |
Pero non todos os cambios son inconscientes
nin inevitables. Hai veces que sentimos a necesidade de cambiar algo que nos
fai sentir mal, que non nos enche. Ese algo é moi amplo, pode ser dende
compañías, o lugar onde vives, o traballo, hábitos, etc. Cambios que se poden
facer XA. Cando o que queremos facer está nas nosas mans, todo debería ser máis
fácil.
É por iso que, nós, os que agora somos novos,
os que temos a oportunidade de provocar cambios maiores, somos os que debemos
dar o paso a un mundo mellor. Que non pretendan cortarnos as ás, que non
pretendan dicirnos que algo está mal cando estou segura que está ben, que non
permitamos que nos tomen o pelo, non permitamos que nos achiquen e convertan en
marionetas dun xogo que non gusta. Temos a capacidade de soñar e de, polo
tanto, perseguir iso que desexamos, de facer cousas novas, de darlle un xiro...
Pode que todo o que estou dicindo sexa moi fácil de dicir, pero realmente eu
véxoo moi fácil de facer. Tan só sería tratar de cambiar algo para beneficio de
todos. Ao mellor, tamén é o meu pensamento soñador o que me fai dicir estas
palabras.
Pero aínda así, e con ánimos por cambiar algo
digo que... NOS PODEMOS CON TODO!