As persoas, co paso de cada ano, aínda que non
nos decatemos, cambiamos, e non só fisicamente, senón interiormente. Aprendemos
cousas novas, experiencias que nos aportan para o noso día a día, ou para non
volver a cometer un erro...crecemos pois, como persoas.
Embárcaste en novas etapas, cambios
importantes, propostas de futuro...
Levo dende 2012 escribindo aquí (a veces con
máis frecuencia que outras), é dicir, 4 anos e só hai que mirar para atrás,
para ver que, tan só na maneira de escribir, algo cambiou e está cambiando.
Neste blog
quero pasar a unha nova etapa, con contidos máis completos, novos temas a
tratar, vivencias e experiencias, preguntas...
A miña idea a partir de agora é ampliar un
pouco a temática. Ata agora só expuxen algunha reflexión sobre certos aspectos da
vida. Situacións que viven con nos inconscientemente. Pero quero ir máis aló.
Non sei con canta frecuencia, pero quero establecer certas seccións:
-
Seguirei coas miñas reflexión como
ata agora viña facendo
-
Experiencias sobre aspectos da
vida que me sucede e que creo de
interese para pensar e compartir.
-
Un día a semana, tratarei de
publicar unha “vista ao pasado”. É dicir, quero informarme ben sobre certos
temas, situación, acontecementos que pasaron e comentalos.
-
Preguntas. Xa hai algunha
rondando...
- Películas e libros. Simplemente comentalos e establecer o meu punto de vista. Temas de interese.
- Películas e libros. Simplemente comentalos e establecer o meu punto de vista. Temas de interese.
E un
cambio, máis notable, que tal vez non teña moito que ver co que nun principio
presentaba no blog...
-
Viaxe gastronómica. Como me gusta
moito cociñar e innovar, pois gustaríame mostrar aquí as miñas receitas, pero
tamén, intentar facer “típicas comidas” dos diferentes países (que algún día
visitarei;)).
-
Nutrición e deporte by Saturno. Ao
igual ca cociña, outra das miñas paixóns, é o deporte. É por iso, que tamén me
gustaría poñer de vez en cando algún que outro consello, ou experiencia.
Faime ilusión esta parte, xa que ambos
apartados forman bastante parte da miña vida, e polo tanto, do meu tempo, polo
que non vexo de todo mal engadir algo relacionado. Ademais, xa nos coñecemos un
pouco máis, e que mellor maneira que adentrarse no mundo de Saturno?
![]() |
Seguimos no camino... |