![]() |
Esta actitude vese moito nas series americanas |
Acaso, andar borrachos por unha festa cun vaso de “cuba-litro” na man, e un pitillo na outra che fai ser
popular? Ir nun coche a toda velocidade arriscando a vida dos demais é ser
guai? Pois vaia merda! Eu diría máis ben, “tonto do cú” para poñernos finos.
Tamén o estamos vendo na forma de vestir, na primeira aparencia e sen
esquecernos do aspecto físico. Ir a unha festa de chándal, non cabería na
cabeza de moitos, pero tampouco é obrigatorio ir en vestido. Isto no caso do
sexo feminino, no masculino creo que é outra historia.
O certo é que vivimos nun mundo cheo de estereotipos, estilos que parecen
estar marcados de ante man e unha enorme falta de criterio propio. Para min é
bonito ser un mesmo. Non sei que lle ven a iso de ser iguais! Como di na canción: “eles van en coches
rápidos pero non saben a onde van, polo carril rápido e vivindo a vida sen
saber”. Eu diría de abrir un pouco os ollos, mirar o teu interior e coñecer
quen ti eres, só así, poderás ver que é moi bonito tomar as túas propias
decisións, e o que é máis importante, alcanzar o éxito da túa persoa.